Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

3 de novembro de 2022

Coñece as alteracións do tráfico na carreira do Ventorrillo

O vindeiro domingo produciranse algúns cortes no barrio para garantir a seguridade das persoas participantes, público e residentes

A carreira de Coruña Corre no barrio do Ventorrillo, que se levará a cabo o vindeiro domingo, 6 de novembro, presenta varias alteracións no tráfico rodado. Son medidas que se adoptan para garantir a seguridade das persoas participantes, público e residentes.

A proba transcorrerá primeiro pola rúa Alcalde Jaime Hervada (entre Alcalde Salorio Suárez e Peñamaría de Chairo), Liaño Flores, Mosteiro de Caaveiro, Alcalde Salorio Suárez e Jaime Hervada.

Desa primeira parte do percorrido, as rúas Mosteiro de Caaveiro, Peñamaría de Llano e Alcalde Jaime Hervada verán normalizado o tráfico cando se complete a volta, excepto o tramo de saída e meta da carreira, que continuará pechado ata que finalicen todas as probas.

Na segunda parte da carreira, as persoas participantes pasarán pola contorna do Ágora e collerán cara á Gramela, Bens, Penamoa, Cances e Silva de Arriba para alcanzar a meta no punto de saída.

O percorrido afectará, igualmente, á liña de bus 7, que continuará pola rolda de Outeiro e avenida de Fisterra ata o centro de saúde do Ventorrillo e volverase a reincorporar á rolda de Outeiro pola rúa Alfredo Tella.

Ademais, prohibirase o estacionamento na rúa Alcalde Jaime Hervada, entre a rúa Alcalde Peñamaría de Llano e Alcalde Salorio Suárez.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión