Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

30 de novembro de 2023

Convocarase unha nova sesión para a elección, por parte do Pleno, da vicepresidencia do Consello Municipal da Cultura e as persoas que integrarán a Comisión Permanente

Constituído o Consello Municipal da Cultura da Coruña como ferramenta de participación e consolidación do sector cultural

Inés Rey: “Con este consello outorgámoslle unha especial protección ao sector cultural porque garantimos que a cultura teña sempre o seu espazo, goberne quen goberne”

A alcaldesa, Inés Rey, presidiu esta tarde a Sesión Constitutiva do Consello Municipal da Cultura da Coruña realizada no Centro Sociocultural Ágora. Trátase dun organismo de participación co que o Goberno de Inés Rey lle quere dar voz ao sector cultural da Coruña, pasando a formar parte da acción municipal coas súas achegas directas.

Na sesión participaron un cento de representantes das diferentes entidades do sector e tecido asociativo da cidade, así como de institucións implicadas no organismo como a Universidade da Coruña, a Deputación da Coruña ou a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia. Rey explicou que a constitución do Consello Municipal da Cultura supón un importante paso na consolidación do sector. "Con este consello outorgámoslle unha especial protección ao sector cultural porque garantimos que a cultura teña sempre o seu espazo, goberne quen goberne" sinalou a alcaldesa.

A rexedora lembrou que o proxecto do Consello Municipal da Cultura iniciouse no pasado mandato e vai na liña de ampliación das canles de participación cos principais sectores estratéxicos da cidade, coma o Consello Municipal do Deporte. "Isto amosa que esta alcaldesa e este Goberno están comprometidos coa Coruña, porque un non pode comprometerse coa cidade sen comprometerse coa súa identidade e coa súa cultura" expuxo.

Rey concluíu apelando á unidade e reivindicando a potencia cultural da Coruña. "Esta cidade é fogar de artistas e creadores/as nos seus barrios e lugar preferido de moitos que atoparon nesta beira do Atlántico un sitio de inspiración. O Concello, a través deste Consello Municipal da Cultura, comprométese a que sexa unha realidade perdurable" rematou.

Composición do Consello Municipal da Cultura

Os Estatutos do Consello Municipal de Cultura recollen gran parte das achegas do propio sector, trasladadas polos profesionais do sector tras o seu acto de presentación. De acordo co regulamento aprobado no Pleno ordinario do mes de marzo no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP), correspóndelle á concellería-delegada de Cultura a designación da persoa que ocupa a Secretaría do CMC que debe ser unha persoa funcionaria do Servizo Municipal de Cultura, do Servizo Municipal de Bibliotecas ou do Servizo Municipal de Museos Científicos.

A alcaldesa comunicoulle ao Pleno do Consello a designación como titular da secretaría do novo organismo de Susana Martínez Portabales, quen explicou o procedemento para a elección da vicepresidencia e as persoas que conformarán a Comisión Permanente do Consello Municipal da Cultura.

Portabales indicou que se abre o prazo dun mes para a presentación de candidaturas, tanto para ocupar a vicepresidencia como a Comisión Permanente. Logo de que remate o prazo de presentación de candidaturas, convocarase unha nova sesión para que o Pleno escolla entre as candidaturas presentadas completando a composición do Consello Municipal da Cultura.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión