Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

18 de xaneiro de 2023

Consulta o calendario de portas abertas nos centros educativos da Coruña

Cada centro escolar fixa a súa propia data para realizar estas xornadas co obxectivo de darse a coñecer

Consulta a dispoñibilidade de cada centro para participar na xornada de portas abertas. Esta información irase actualizando periodicamente, ata completala.

Os centros que non se atopen na listaxe poden facernos chegar a información ao Servizo Municipal de Educación a través de  educacion@coruna.es.

Máis información de cada centro no noso buscador de centros educativos.

CEIP

Ao premer sobre os seus nomes, pódese acceder a unha visita virtual aos centros públicos de educación infantil e primaria. A través desta visita virtual pódense coñecer as instalacións exteriores e interiores de cada un dos centros escolares.

CPR

  • CPR Calasanz PP Escolapios: no colexio teñen "visitas guiadas" durante os meses de xaneiro, febreiro e marzo con cita previa. Raalizarán a "Xornada de Portas Abertas" o 3 e o 24 de febreiro ás 17.00 h, tamén con cita previa.
  • CPR Hijas de Jesús: na súa web pódese ver todo o proceso. As entrevistas para visitar o colexio son individuais e no horario acordado coa familia.
  • CPR Liceo La Paz: días 7, 9 e 13 de febreiro ás 18.15 e ás 19.00 h (dúas sesións por día)
  • CPR Montegrande: ata o 20 de marzo recibiremos as familias de forma individual. Para pedir cita hai que escribir ao enderezo de correo info@colegiomontegrande.es ou chamar ao 981 288 554.
  • CPR Santo Domingo: atenden as familias de forma individual a través dun formulario que se debe cubrir na páxina web do colexio ou chamar por teléfono ao 981 205 850 para concertar unha entrevista.
  • CPR Escravas do Sagrado Corazón: 3 de febreiro e 3 de marzo. Citas individualizadas a cada familia.
  • CPR Fogar Santa Margarida: de luns a venres en horario das 13.00 ás 14.30 h e das 15.15 ás 16.45 h. Sábados das 9.00 ás 14.30 horas
  • CPR Peñarredonda: todos os días son de portas abertas, e atenderase de forma individual e personalizada.
  • CPR Sagrado corazón - Franciscanas: do 1 de decembro ao 17 de marzo. Mércores das 10.15 ás 11.15 h e venres das 17.00 ás 18.00 h. Para outros días ou horas consultar cita co centro no 981 293 250.
  • CPREX Coruña British School: do 13 ao 17 de febreiro. Son visitas individuais en calquera horario.
  • CPR Salesianos San Juan Bosco: infantil: 7 e 16 de febreiro ás 18.30 h e 25 de febreiro ás 11.30 h. Para EP, ESO E BACH o 14 de febreiro ás 18.30 h

IES

  • IES A Sardiñeira: días 27 de xaneiro ás 16.00 h e sábado 28 de xaneiro ás 12.00 h

  • IES Adormideras: 30 de xaneiro ás 18.30 h

  • IES Rafael Dieste: 26 de xaneiro ás 18.00 h

  • IES Otero Pedrayo: para o alumnado que cursará 1.º de ESO é do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión