18 de agosto de 2023
Convocatoria de setembro-decembro 2023
Preinscrición os días 1, 2 e 3 de setembro
Capacidade
A posta en marcha de cada actividade estará condicionada a alcanzar un número mínimo de participantes, de acordo sempre coa capacidade máxima permitida.
Clubs
Nos clubs seguirán as mesmas persoas da convocatoria anterior e só se ofertarán prazas en caso de ter que completar os grupos. Estas prazas cubriranse coas listaxes de agarda xa existentes. No caso de que aínda queden vacantes, anunciaranse no centro cívico correspondente e cubriranse por orde de inscrición nas mesmas datas que o resto de actividades.
Preinscrición: 1, 2 e 3 de setembro
Realizarase preferentemente en liña. Para realizar a preinscrición cubrirase o formulario que atoparemos aquí: Formulario de preinscrición en actividades e tamén abaixo xunto ás actividades de cada centro cívico en TAMÉN CHE PODE INTERESAR. Este formulario estará dispoñible desde as 08.00 h do día 1 de setembro ata as 23.59 h do día 3 de setembro.
As actividades pódense consultar unha a unha no menú superior da páxina, en ACTIVIDADES preinscricións próximas, tamén as propias de cada centro cívico en cada páxina de cada centro cívico e en formato para imprimir en PDF por centro cívico en ACTIVIDADES Convocatoria setembro 2023. Se se quixese descargar a programación de actividades de todos os centros cívicos, pódese ver no documento que se achega.
Cada persoa poderá solicitar un máximo de tres actividades por orde de preferencia
Terán preferencia as persoas empadroadas no Concello da Coruña.
As persoas que non teñan acceso a Internet, e só nese caso, poderán realizar a preinscrición chamando ao núm. de teléfono 881 151 068 eses mesmos días (operativo soamente os días 1, 2 e 3 de setembro) en horario de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas.
Cada persoa que realice a preinscrición telefonicamente só poderá xestionar 3 solicitudes.
Publicación das listaxes de preinscrición nos centros cívicos: 6 de setembro
As listaxes poderanse consultar nos centros cívicos, nesta web e chamando ao teléfono gratuíto de información cidadá 010.
Reclamacións ás listaxes de preinscrición: 7 de setembro
Faranse a través do teléfono gratuíto de información cidadá 010 en horario de 11.00 a 13.30 e de 16.00 a 18.00 horas
Sorteo público: 8 de setembro ás 10.00 h
Realizarase en cada centro cívico.
Publicación das listaxes de admisión e de agarda: 18 de setembro
Poderanse consultar nos centros cívicos, nesta web ou chamando ao teléfono gratuíto de información cidadá 010.
Prazo de inscrición e pagamento de taxas para as persoas admitidas: será preferentemente en liña os días 19, 20 e 21 de setembro. De non facelo nestas datas perderase o dereito á praza.
Listaxes de agarda. Prazo de inscrición e pagamento de taxas: desde o centro cívico correspondente confirmaráselle a praza telefonicamente á persoa interesada a partir do día 29 de setembro e, unha vez que sexa avisada, procederase ao pagamento da taxa correspondente.
Necesitarase ter unha carta de pagamento que sempre se adquirirá entrando na web municipal.
Procedemento de pagamento
Nas listaxes de persoas admitidas e de agarda figurará un código, que haberá que introducir cando sexa requirido ao longo do proceso de pagamento. Cada código indica a persoa que está a se inscribir na actividade, o centro no que se inscribe e a actividade solicitada. Así, cada actividade que solicite unha persoa, terá un código diferente polo que cada actividade terase que aboar por separado. O mesmo código non vale para todas as actividades.
O pagamento tamén se pode facer presencialmente imprimindo a carta de pagamento e presentándoa no banco ou caixeiro. A continuación hai que levar o xustificante de pagamento ao centro cívico onde se vai desenvolver a actividade para que conste que se aboou.
O concello conta con dúas entidades bancarias asociadas para poder aboar as actividades: ABANCA e Banco Santander.
Para as actividades gratuítas tamén deberá imprimirse a carta de pagamento e entregala no centro cívico.
Data de inicio de actividades:
A partir do día 25 de setembro en función de cada actividade.
Nota: todas as actividades de Maiores son para persoas que teñan 65 anos cumpridos ou máis. Exceptuando aquelas persoas que, cumpridos os 60, xa estean xubiladas.
Programación de actividades setembro-decembro 2023 en todos os centros cívicos (571 KB)
Tamén che pode interesar
22 de setembro de 2023
22 de setembro de 2023
21 de setembro de 2023
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible