29 de marzo de 2022
Nas quince edicións da máis popular das carreiras populares da Coruña, impuxéronse case unha vintena de atletas, con Solange Pereira como referencia con catro primeiros postos
O domingo 24 de abril, Coruña10 busca gañadores e gañadoras na súa décimo sexta edición. Nas anteriores, un total de 19 deportistas lograron colgarse a medalla de ouro e a que máis veces a conquistou, un total de catro, foi Solange Pereira.
Os kenyanos Jacob Yator (28:48) e Gladys Cherono (32:06), que foi prata no Mundial de Moscova 2013 en 10K, estrearon o palmarés da Coruña10 2007.
En 2008, impuxéronse El Mouaziz (29:49) e Ana Dias (34:16); en 2009, repetiu Cherono (31:40) e tamén gañaron Peter Kirui (28:09); Lolo Penas (30:51) e Ana Dias (34:24), que logrou o seu segundo ouro nesta proba, subiron todo o máis alto do podio en 2010; Hassan Lekhiki (30:29) e Solange Pereira (35:20) conquistárona en 2011; e Alejandro Fernández (30:40) e Yolanda Gutiérrez (35:57) levárona en 2012 e repetiron en 2013 (29:46 e 34:47, respectivamente).
En 2014 retocouse o percorrido inicial e impuxéronse David Solís (30:10) e Solange Pereira (34:45), que materializaba a súa segunda conquista de Coruña10.
A carreira concentrouse entre 2015 e 2019 nun dos lados da península herculina, o das praias. Alí triunfaron Youness Ait (30:17) e Paula González (35:20) o primeiro ano; Abdelhadi El Mouaziz (29:43) e Solange Pereira (34:48) adxudicárona en 2016 e 2017 (30:27 e 34:40, respectivamente); en 2018 foi para Alejandro Fernández (29:58) e Edymar Brea (33:57) e en 2019, para a irmá desta, Joselyn (33:23) e Kiprop Cheruiyot (29:56).
Despois da pandemia, polo outro costado da cidade, Nassim Hassaous gañou ao esprint (29:12) e a kenyana Selah Busienei levou a carreira feminina con autoridade (32:30). En abril, nova oportunidade para incorporarse ao palmarés ou repetir.
Gañadores/as da Coruña 10:

1 de outubro de 2025

30 de setembro de 2025

25 de setembro de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible