Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

7 de abril de 2022

Coruña10, carreira animada e solidaria

Despois da competición atlética, realizarase un evento solidario de zumba para recadar fondos para a ONG AGA-Ucraína

Coruña10 non é só unha proba atlética. Haberá animación, speakers de luxo e a traca final, despois da competición atlética, será unha actividade de zumba con fin benéfico: recadar fondos para a ONG AGA-Ucraína. Xa podes facer doazóns a través de  www.carreirasgalegas.com.

No circuíto máis rápido da súa historia, o dúo formado por Xalo Maira e Juan Carlos Higuero serán os encargados de animar o percorrido, motivar as/os atletas e talvez, porque ese é o obxectivo, contar que os/as gañadores/as, ademais do triunfo, bateron os récords vixentes desde hai máis dun decenio.

A Xalo, que animou as carreiras coruñesas desde 2013 e xa é todo un clásico, resísteselle contar un récord de Coruña10, porque ninguén, desde a terceira edición, foi capaz de arrebatarlles as marcas a Peter Kirui (28:09) e Gladys Cherono (31:40).

Ao seu lado estará un histórico do atletismo español, o exatleta Juan Carlos Higuero. Campión de Europa en 2007, bronce nun Campionato do Mundo de 2008, gañador dun Europeo de Nacións en 2011, e prata noutros catro europeos (unha delas en 3.000) exerce actualmente como comentarista nas retransmisións de Teledeporte.

O grupo de batucada Malandros ambientará a proba desde distintos puntos do percorrido, xa que se irá movendo polo circuíto durante a carreira absoluta.

E cando a carreira conclúa, a actividade física continuará con zumba. A empresa que xestiona o Complexo Deportivo Municipal de San Diego, Supera, collerá a substitución do atletismo ás 12:15 horas no Parrote desde o palco no que se entregarán os trofeos. Esa actividade extra recadará fondos para a ONG Asociación Galega de Axuda a Ucraína (AGA-Ucraína).

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión