18 de abril de 2022
Este martes conclúe o prazo extraordinario para sumarse á proba máis popular do atletismo coruñés
A décimo sexta edición de Coruña10, que se realizará o domingo 24 de abril, pechou este domingo, día 16, o prazo ordinario de inscrición con 2.901 persoas apuntadas á proba máis popular do atletismo coruñés.
A sexta mellor carreira 10K de España, segundo a Real Federación Española de Atletismo (RFEA), mantén aberto o prazo extraordinario de inscrición, vía telemática, a través de www.carreirasgalegas.com , ata este martes 19 de abril. Neste caso, a cota é de 20 euros.
Das máis de 2.900 persoas inscritas, 2.192, o 75,06%, corresponden á carreira absoluta de 10 quilómetros.
Coruña10 é gratuíta para as carreiras de menores, ás que se apuntaron 709 persoas, das que 289 corresponden á categoría de peques.
O ano pasado, no regreso do atletismo popular tras o parón obrigado pola COVID-19, foron 1.400 os/as deportistas que se apuntaron á proba, que entón tiña limitación de inscrición. Só se realizou a carreira absoluta.
O domingo regresan as carreiras de menores para acompañar a proba absoluta, que estrea un circuíto deseñado para bater marcas.
23 de febreiro de 2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible