Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

16 de novembro de 2023

David Suárez presentará o seu novo show ‘Humor blanco’ na Coruña

O cómico, referencia do humor negro a nivel nacional, actuará o próximo 16 de febreiro no Centro Ágora. As entradas xa están á venda en Ataquilla

David Suárez presentará o seu novo show, 'Humor blanco', na Coruña. O cómico galego actuará na cidade o próximo 16 de febreiro ás 20.30 h no Centro Ágora. As entradas xa están á venda en Ataquilla.

'Humor blanco', distribuído en Galicia por Etiqueta Negra, é un monólogo acedo e sen pelos na lingua onde David Suárez lle propón ao público unha viaxe polos seus pensamentos máis escuros. O show tratará temas como as polémicas do cómico, os seus xuízos, o sexo e facerse maior. Será unha divertida sesión de humor negro non apta para sensibles.

O Concello da Coruña, a través da súa Área de Fomento e Promoción da Cidade, continúa ampliando a programación cultural da cidade e nutrindo os diferentes espazos municipais de espectáculos de gran calidade e cun amplo percorrido en teatros e auditorios do país. Esta mesma semana saíron tamén á venda as entradas para 'Meixeverso', o último show do popular cómico Pablo Meixe.

"O Goberno de Inés Rey continúa poñendo en valor espazos como o Ágora, que revitalizamos para a nosa extensa axenda cultural con ciclos como Selección Sonora", indica o concelleiro da Área de Fomento e Promoción da Cidade, Gonzalo Castro.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión