Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

22 de setembro de 2021

Descubrir correr en familia con Rocío

Era alá polo 2014 cando empezou a nosa aventura. Acababa de nacer o noso terceiro fillo e compaxinar os deportes que me gustaban era moi complicado.

Probamos poñer unhas zapatillas e saír nos momentos libres. Todo comezou por Elena e con Elena. Vela a ela nunha c42, con ese ambiente pola cidade, e gozando fíxome berrarlle ese para "o ano acompáñoche" e así foi :-)

Comezar aos poucos a correr fíxome recuperar a forma e empezamos nese 2014 no circuíto Coruña Corre. Como nos gusta pasar o tempo realizando actividades en familia, apuntámonos todos (¡¡¡os 5!!!) ao circuíto e empezaron as carreiras polos barrios. A sorpresa foi que os pequenos o gozaban como nós ou máis e aí comezaron a caer mitos: o mito de que correr é un deporte solitario e que con Inés ía ser difícil facer actividades deportivas. Aquí unha foto das nosas primeiras carreiras (que pequena vese a Inés !!! Comezara a andar hai pouco e aínda lle custaba sen axuda).

E aos poucos, ante esa paixón de Inés, fómonos enganchando a todas as carreiras da cidade e arredores que tivesen categorías infantís e facendo os papis cada vez distancias máis grandes. Aí temos que agradecer ao concello o servizo de gardería que tivemos para poder correr os dous e despois aos familiares dos compañeiros das carreiras, que sen eles non puidésemos correr xuntos. Era (e é) impresionante ver a Inés antes de saír de casa cando lle ensinabamos o dorsal como se emocionaba e como "corría" cara ao coche. A alegría xa empezaba aí. Aquí podedes ver a nosa alegría nunha das últimas carreiras dos barrios.

E entre os compañeiros de aventuras tivemos a sorte de topar con Mario e a súa familia e iso fíxonos probar outra modalidade: correr con Inés no carro. ¡¡¡Agora si que si!!! Agora non só vale ver o dorsal, se nos ve con roupa de correr xa se activa e hai que facer quilometraxe. A nosa primeira experiencia foi ao grande: a c21. Non podemos estar máis contentos da experiencia: ¡¡todo un subidón!! Percorrer a túa cidade facendo o que che gusta e vendo as risas de Inés non ten prezo.

E tras a c21, o cese de carreiras e as saudades deses fins de semana de aventuras, présas para chegar a tempo coa tropa, risas, suores e contos cos compañeiros que foron converténdose en amigos.

Pero todo chega, e aquí estamos a escribir estas liñas co sorriso na cara porque o almanaque xa ten datas de reencontros coas rúas da nosa cidade. O 3 de outubro volveremos revivir un domingo de carreiras coa nosa c10. Aínda imos botar en falta as carreiras de menores pero a ledicia de poñernos un dorsal e percorrer 10 kms. de felicidade cos nosos compañeiros de afección non nolo quita ninguén... nin sequera ir ata Oza ;-)

Se che gustou para ler ata o final, convídoche a que probes a percorrer a cidade desde o punto de vista dunhas zapatillas e cun dorsal. Cruzar esa meta vaiche brindar sentimentos bos que perdurarán no tempo. E se aínda así non che convencín, baixa a animar aos que están a correr... o mesmo ves a unha "Elena" e así comeza a aventura. 

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión