Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

11 de xaneiro de 2017

Detido por incumprir unha orde de afastamento

Detido un home no barrio da Sagrada Familia por incumprir unha orde de afastamento que lle impedía aproximarse á muller coa que estaba no momento da detención, durante un ano.

Ás 01.04 horas recibiuse un aviso na sala do 092 no que se informaba que na rúa San Jaime coa rúa Pontedeume había un turismo parado na vía cun home diante do coche e que non lle deixaba circular.

Ao lugar desprazouse unha dotación da Policía Local e localizou o vehículo nas inmediacións cunha condutora e un acompañante. Os policías procederon a entrevistarse con ambos por se houbese algún problema, e manifestaron os dous que non, os policías procederon á súa identificación, un home de 39 anos de idade con domicilio en Carnota e unha muller de 49 anos con domicilio en Cee, e descubriuse que existe en vigor unha orde de prohibición do home para aproximarse á muller durante un ano.

Ambos manifestaron descoñecer a dita orde de afastamento e que quedaran para tomar algo xuntos, ademais o home íaa a acompañar durante a noite para que non durmise a muller soa no vehículo. Os policías comprobaron que o turismo carecía do correspondente seguro obrigatorio, non tiña en vigor a ITV e tiña unha orde de embargo.Os policías procederon a inmobilizar o vehículo e tramitar as denuncias correspondentes.

O home foi detido e informado in situ dos dereitos que o asisten.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión