Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

16 de xaneiro de 2021

Dez asociacións que traballan en prol da inclusión social utilizan na actualidade as instalacións deportivas municipais

Estes colectivos benefícianse dunha colaboración co Concello que se reduciu debido ás restricións pola pandemia

O Concello da Coruña segue atendendo as entidades da cidade que se dedican a traballaren con persoas con diversidade funcional e pola inclusión social. Na actualidade, a Concellería de Deportes colabora con dez destes colectivos cun traballo encamiñado a mellorar a súa saúde e o seu benestar. Nalgún caso, a actividade está temporalmente interrompida, co fin de cumprir as restricións da pandemia.

A colaboración con estas entidades, que se leva a cabo desde hai anos, beneficiaba a case 120 persoas antes da pandemia, cunha ocupación semanal de 25 horas. Na actualidade, e por mor das normas sanitarias, son 20 as persoas usuarias que utilizan as instalacións, cunha ocupación de 6 horas e media á semana.

As actividades físicas realízanse no Pazo dos Deportes de Riazor, na piscina de Riazor (cuxas obras de reforma da cuberta comezarán proximamente) e no pavillón do Barrio das Flores.

As asociacións con que colabora o Concello son: a Fundación de Adultos Discapacitados da Coruña (ADCOR), a Asociación Cidadá de Loita contra a Droga (ACLAD), a Asociación Española contra o Cancro (AECC), a Asociación pro Enfermos Mentais (APEM), o Comité Antisida da Coruña (CASCO) e a Asociación de Pais de Persoas con Trastorno de Espectro Autista (ASPANAES). Esta última asociación, por exemplo, traballa nun proxecto para converter o pavillón do Barrio das Flores nun lugar accesible para as persoas con procesos cognitivos diferentes, dentro das que se atopan as que padecen TEA (trastorno de espectro autista). Trátase de situar unha serie de apoios visuais para sinalizar diversos lugares do recinto.

Outras entidades son: o Hogar de Sor Eusebia, a Residencia El Buen Pastor e a Residencia San José. Tamén usan as instalacións deportivas municipais algunhas persoas usuarias do Finisterre, club que pertence á Asociación pro Persoas con Discapacidade Intelectual de Galicia (ASPRONAGA).

Todas as actividades que se realizan no marco desta colaboración e as persoas usuarias cumpren os protocolos antiCovid das instalacións deportivas municipais.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión