29 de novembro de 2025
A concelleira visitou a feira no mercado municipal de San Agustín, na que se repartiron 8.000 euros en premios
A concelleira de Emprego, Comercio e Mercados, Diana Cabanas, visitou este sábado o II Encontro de Emprendemento, que se celebrou durante toda a xornada no mercado municipal de San Agustín. Esta iniciativa do Concello incluíu charlas inspiradoras, exposicións, networking e mesas redondas.
"Desde o Concello queremos premiar a creatividade e a iniciativa dos coruñeses e coruñesas que emprenden un negocio, apostando polos seus proxectos e dándolle visibilidade a través de iniciativas coma esta", indicou a concelleira, que lembrou que a alcaldesa, Inés Rey, estableceu como prioridade desde o 2019 a implantación de políticas de respaldo ao emprendemento.
Neste sentido, o evento de hoxe dirixiuse a entidades que traballan no ámbito do emprendemento e a proxectos empresariais que teñan iniciado a súa actividade a partir do 1 de xaneiro de 2023, sempre que desenvolvan a súa actividade no termo municipal da Coruña.
O encontro ofreceu un espazo de exposición e interrelación entre emprendedores, entidades e o Concello, promovendo a cultura emprendedora, o intercambio de experiencias e a posta en valor dos recursos locais. Ademais, os proxectos participantes optaron a catro premios económicos: premio ao proxecto máis innovador de 3.000 euros, premio ao mellor proxecto de economía social de 3.000 euros e dous premios ao proxecto con maior impacto local de 1.000 euros cada un:
A selección dos proxectos gañadores realizouse por unha comisión de valoración composta por persoal técnico municipal e representantes das entidades participantes. Os criterios de valoración incluíron a madurez da idea, a innovación, a viabilidade técnica e económica, a experiencia do equipo e o impacto territorial.
Con esta iniciativa, o Concello da Coruña reafirma o seu compromiso co emprendemento como motor de desenvolvemento económico e social da cidade.

16 de setembro de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible