Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

21 de mayo de 2025

Dispoñibles desde hoxe os convites para a charla-proxección no Ágora sobre o 25 aniversario da Liga do Deportivo

Na xornada presentarase o libro 'O mellor que me pasou na vida' e participarán protagonistas como Lendoiro, Songo'o, Manuel Pablo ou Donato

A plataforma "O Mellor Que Me Pasou Na Vida", co apoio do Concello, celebrará este venres 23 no Centro Ágora un gran acto para conmemorar os 25 anos da Liga que gañou o Deportivo. O evento arrancará ás 19.00 (apertura de portas ás 18.30) e constará dunha charla na que se proxectarán imaxes do festexo que viviu A Coruña o 19 e 20 de maio do ano 2000.

Songo'o, Dani Mallo, Donato, Manuel Pablo, Jokanović, Jaime ou Iván Pérez serán algúns dos exxogadores que participen no coloquio. Nas vindeiras horas poderían chegar novas confirmacións. Augusto César Lendoiro, Pachi Dopico ou Juan Ángel Barros Botana, ademais doutros empregados, tamén estarán presentes e, como os exfutbolistas, tomarán a palabra para rememorar e festexar de novo o maior fito da historia do Deportivo.

"O Mellor Que Me Pasou Na Vida" e o Concello convidan a todos/as os/as deportivistas e coruñeses/as a acudir ao Centro Ágora coa camiseta branquiazul para encher de colorido o evento. Para acceder é necesario recoller un convite, totalmente de balde. Dende hoxe, en horario de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00, estarán dispoñibles na billeteira da Praza de Ourense. En caso de quedar butacas baleiras ao comezo do acto, a entrada sería libre ata completar capacidade.

Durante o acto tamén terá lugar a presentación oficial do libro "O Mellor Que Me Pasou Na Vida", unha edición limitada que recompila testemuños exclusivos de figuras como  Scaloni, Djalminha, Fran, Makaay, Dani Mallo e Donato, ou xornalistas de referencia coma  Óscar Benito, Moncho Viña, Nacho Carretero, Arturo Lezcano, Javier Guillén e Lis Franco. Inclúe tamén unha emotiva entrevista a Guillermo Novellis, vocalista de La Mosca, o grupo que puxo a banda sonora ao soño deportivista. A obra estará a venda no Centro Ágora a un prezo de 10 euros.

Gran xornada deportivista en Riazor

O sábado rematará esta semana tan especial cunha gran xornada deportivista na explanada de Riazor. Desde as 12 da mañá, o recinto converterase nun espazo de festa continua, onde a música, a emoción e o sentimento branquiazul serán os grandes protagonistas. Durante todo o día haberá xogos tradicionais para os máis pequenos, un animado torneo de futbolín, unha foliada popular e un photocall coa Copa da Liga, para que cada deportivista poida levar un recordo único e cheo de simbolismo. A proposta gastronómica estará á altura da ocasión, con foodtrucks e unha polbeira tradicional.

O humor tamén terá o seu lugar, coa posta en escena do espectáculo "Dépor Locura" do coñecido humorista Roi da Costa, que combinará paixón e retranca nun show feito á medida da nosa historia.

Ao caer a tarde, comezará o gran concerto "O Mellor Que Me Pasou Na Vida", o peche perfecto para unha semana chea de emocións. Subirá ao escenario  La Mosca Tsé-Tsé, a banda que puxo banda sonora á celebración da Liga co seu himno espontáneo "Yo te quiero dar", que volverá soar na Coruña vinte e cinco anos despois, enchendo o aire de lembranzas e ledicia.

A eles uniránselles artistas profundamente ligados ao deportivismo e á cidade, como Orquestra Bravú Xangai, La Banda del Camión, Crise, Mar de Fondo, Kike Varela e Yaya DJ, nun cartel feito co corazón para celebrar, xuntos, que o Dépor campión segue moi vivo na memoria colectiva dunha cidade enteira.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión