Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

22 de abril de 2022

Dispositivo de seguridade e mobilidade Coruña10

Coruña10 é a carreira máis popular do atletismo coruñés e preparouse un amplo dispositivo de seguridade e mobilidade para que se poida realizar en condicións de seguridade para as persoas participantes e tamén para o resto de usuarios/as das vías da cidade.

Ás 09:30 horas pecharase o circuíto ao tráfico para realizar a carreira, que comezará ás 10:00 horas. O dispositivo concluirá cara ás 12:30 horas.

Estas son as alteracións no tráfico rodado:

  • AC-11.- A entrada e saída á cidade pola AC-11, (avda. de Alfonso Molina), estará afectada no viaduto, á altura da Ronda de Nelle; cortarase o carril esquerdo de acceso. Este carril utilizarase para dar saída aos vehículos entre a avda. do Porto ata o paso de peóns que está á altura de Fernández Latorre.
  • Acceso ao Porto.- O acceso ao Porto estará cortado, salvo situacións de necesidade ou urxencia, durante o tempo de desenvolvemento de carreira.
  • Acceso a REPSOL e Oza.- O acceso a estes lugares realizarase desde a glorieta de Casabranca a través da AC-10.
  • Acceso á Casa do Mar.- Desde a Costa da Palloza está operativo un carril que permite acceder ao servizo de urxencias da Casa do Mar e a saída ata Ramón y Cajal.
  • Saída da cidade desde a praza de Ourense.- Habilitarase un carril desde a praza de Ourense cara á AC-11 (avda. de Alfonso Molina)

Desde as 09:30 horas procédese ao peche do circuíto coas seguintes ramificacións:

  • Ata as 10.35 h corte TOTAL de San Andrés- rúa Alta-Paseo Marítimo, tramo Curros Enríquez- Calvo Sotelo
  • Ata as 10.45 h corte TOTAL de Rubine-praza Pontevedra-Juana de Vega-Sánchez Bregua
  • Ata as 11.15 h corte TOTAL de Estrada do Porto e vías interiores do porto
  • Ata as 11.45 h corte PARCIAL de Linares Rivas, Primo de Rivera
  • Ata as 11.45 h corte TOTAL de Cantón Pequeno - Cantón Grande - avda. da Mariña.

Ten en conta, ademais, que quedan suprimidas as paradas do transporte metropolitano de praza de Ourense e Entrexardíns e mantense Catro Camiños (de 9.30 a 11.45 h).

Lembra que a apertura do Paseo Marítimo Praias producirase ás 10.35 h.

Agradecemos a comprensión destas medidas que se adoptan para a seguridade das persoas participantes e de peóns e vehículos.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión