Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

25 de marzo de 2022

Dispositivo de tráfico e protocolo Covid para a Carreira a Torre e a Andaina #IMPORTAEMOITO

Das 19.30 ás 21.00 horas deste sábado pecharase ao tráfico o tramo do Paseo Marítimo desde a glorieta de Durmideiras ata as Ánimas

Este sábado 26 de marzo, con motivo da X Carreira popular Torre de Hércules "Trofeo José Antonio Varela Calviño" e a II Andaina Solidaria #IMPORTAEMOITO implementarase un dispositivo de tráfico na contorna da Torre de Hércules.

Estas son as afeccións:

  • BARRIO de DURMIDEIRAS:
    • De 20.00 a 20.15 h. Corte total de acceso ao barrio desde o Paseo Marítimo.
    • De 20.15 a 21.00 h. Dáse acceso ao barrio desde o Paseo Marítimo con tráfico alternativo por un carril regulado pola Policía Local.
  • De 19.30 a 21.00 h, corte total das rúas Manuel García Canzobre e Veramar.
  • Os tramos do PASEO MARÍTIMO afectados son os seguintes:
    • De 20.00 a 20.15 h. Corte total da r/ Doutor Vázquez Iglesias, para realizar a Andaina.
    • De 20.00 a 20.15 h. Corte parcial da calzada en sentido Durmideiras / Torre de Hércules. Mantense a conexión coa avda. de Navarra, para realizar a Andaina.
    • De 19.30 a 21.00 h. Peche total do Paseo Marítimo en ambos os sentidos, desde a glorieta de Durmideiras ata Ánimas. Mantense un carril de conexión desde Julio Portela Ceballos (Hípica) ata Ánimas e péchase o acceso cara ao Oceanográfico.

As carreiras de menores desta segunda proba do Circuíto Coruña Corre 2022 non afectarán o tráfico rodado xa que se realizarán no Paseo dos Menhires, onde se suprimirá o estacionamento.

A proba non afectará ao tráfico na propia Praza de Ánimas, xa que as persoas participantes na competición darán volta no paso de peóns previo.

PROTOCOLO COVID

Inicialmente, aplicarase, tanto para as carreiras como para a andaina, o protocolo da Federación Galega de Atletismo que rexe desde o pasado 10 de marzo, aínda que podería haber novidades no caso de que se publique unha nova actualización.

Só será obrigatoria a máscara na saída e primeiros metros da proba así como na chegada a meta. Á hora de retirar os dorsais, non será preciso presentar certificado de vacinación, nin test de antíxenos, nin certificado médico conforme se superou a infección por COVID-19. As saídas efectuaranse en quendas de 500 persoas.

Os dorsais están dispoñibles na aula que se habilitou para ese efecto na Cidade Deportiva da Torre-Arsenio Iglesias este venres 25 de marzo de 17:00 horas a 21:30 horas e o día da carreira desde as 10:00 horas ata media hora antes do comezo de cada unha das probas da competición.

No caso da Andaina, os dorsais estarán dispoñibles o venres no mesmo horario (17:00-21:30) e o sábado desde as 10:00 horas ata as 20:00 horas e as persoas que desexen inscribirse poden facelo e/ou efectuar donativos durante a recollida de dorsais.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión