Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

4 de maio de 2023

Ecosystems2030 comezou hoxe en Palexco e mañá ofrecerá unha xornada de portas abertas

O evento conta con 64 relatores e relatoras de grandes empresas internacionais vinculadas ao sector da innovación e da tecnoloxía

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, presidiu o acto de apertura do congreso internacional Ecosystems2030, que tivo lugar no auditorio Gaivota de Palexco. O evento estará hoxe e mañá e contará con 64 relatores e relatoras de grandes empresas internacionais vinculadas ao sector da innovación e da tecnoloxía.

"A relación entre A Coruña e Ecosystems2030 é máis forte nesta edición grazas á confirmación da cidade como sede permanente deste congreso", sinalou a alcaldesa, que destacou o papel que xoga A Coruña no eido das novas tecnoloxías e da innovación grazas á consecución da sede da Axencia Estatal de Supervisión da Intelixencia Artificial (AESIA).

Na axenda do evento figuran nomes como o vicepresidente e CEO de innovación de Microsoft, Jason Wild, ou a directora de estratexia de investigación de Google AI, Pilar Manchón, e tamén os principais executivos de multinacionais doutros sectores como Red Bull, Airbus ou L´Oréal. Tamén participarán representantes públicos como o ministro de Economía Dixital de Xordania, Ahmad Hanandeh. Ademais, está confirmada a asistencia do ministro de Asuntos Exteriores, José Manuel Albares, no acto de clausura deste venres.

"A capacidade da Coruña en innovación reside nesas máis de 700 empresas das tecnoloxías da información e nos 6.000 traballadores e traballadoras coas que contamos", sinalou Inés Rey, que insistiu en que "o ecosistema empresarial coruñés fai de nós nunha potencia reforzada pola chegada da AESIA".

A rexedora convidou á cidadanía a participar na xornada de portas abertas que comeza este venres ás 15.45 horas en Palexco. "É necesario que falemos da intelixencia artificial en todas as súas perspectivas e que toda a sociedade poida incrementar os seus coñecementos sobre esta tecnoloxía grazas á xornada de acceso gratuíto", sinalou a rexedora. Toda a programación de Ecosystems2030 pódese consultar na súa páxina web.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión