Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

2 de marzo de 2023

En marcha as actividades do programa Apego, promovido a través do servizo de Normalización Lingüística do Concello

Este venres 3 de marzo, ás 10.00 horas, abrirase o prazo de inscrición para 'Bichocas', da compañía Xarope Tulú

Xa comezaron as actividades do programa Apego do servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña, dirixidas a familias con crianzas ata os seis anos de idade ofrecen unha axenda cultural en galego para os máis pequenos e pequenas.

Dentro desta oferta hai desde teatro, contacontos e música, ata arrolos e obradoiros. Todas elas necesitan inscrición previa na ficha específica de  Próximas inscricións e están dirixidas a diferentes idades recomendadas.

Este venres 3 de marzo, ás 10.00 horas, abrirase o prazo de inscrición para "Bichocas", da compañía Xarope Tulú, un contacontos teatralizado para nenos e nenas de entre 3 e 6 anos onde os animais e as súas aventuras son os protagonistas.

A actriz Atenea García, xunto cos seus compañeiros animais, guiará as crianzas nunha viaxe narrativa onde a diversidade, o afecto e a empatía son as mensaxes principais. A actividade terá lugar o martes 7 de marzo na aula 8 do Centro Ágora, con dous pases ás 17.00 e 18.30 horas.

Despois de "Bichocas" continuará a axenda cultural do Apego coas seguintes actividades:

  • Martes 14 de marzo ás 17.00 e 18.30 horas: "Fíos do querer", de Cé Orquestra Pantasma.
  • Martes 21 de marzo ás 17.00 e 18.30 horas: "Casa, casiña, casona", de Marta Ortiz.
  • Martes 28 de marzo ás 17.00 e 18.30 horas: "Barquiño de pau", de Tropa de trapo.
  • Martes 11 de abril ás 17.00 e 18.30 horas: "Arrolos de salitre", de Faia Díaz e Guillerme Fernández.
  • Martes 18 de abril ás 17.00 e 18.30 horas: "Periplo Atlántico, unha homenaxe a Castelao", de Polo Correo do Vento.
  • Venres 28 de abril ás 17.00 e 18.30 horas: "O universo de dona Pega", de Estíbaliz Espinosa
  • Martes 9 de maio ás 17.00 e 18.30 horas: "Feira das sementes", de Babaluva.
  • Martes 30 de maio ás 17.00 e 18.30 horas: "Xogos musicais coa palabra", de Babaluva.
  • Mércores 7 de xuño ás 17.00 e 18.30 horas: "Nube, nube, sol", de Teatro ó cubo.

Todas as actividades terán lugar nas aulas do Centro Ágora, agás "Barquiño de pau" e "Nube, nube, sol", que serán no auditorio do centro sociocultural. 

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión