Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

3 de maio de 2019

Encontros no ensino con Ledicia Costas, María Solar, Andrea Maceiras e Santiago Lopo nos IES da Coruña

O alumnado de varios institutos da cidade mantivo xuntanzas con diferentes escritoras e escritores.

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña, en colaboración coa Asociación de Escritoras/es en Lingua Galega, promoveu varios encontros entre o alumnado de varios institutos da cidade con autoras e autores das obras que estiveran a ler previamente nas aulas.

Así, o gañador do Premio Xerais Santiago Lopo acudiu a un encontro co alumnado de 1.º de bacharelato do IES Fernando Wirtz para falar d'A arte de trobar e da propia experiencia como escritor (recollido no blog da Bibliowirtz).

Ledicia Costas tivo a oportunidade de ter no mesmo día dúas xuntanzas: en primeiro lugar, falou co alumnado de 1.º da ESO do IES Elviña sobre Escarlatina, a cociñeira defunta, gañadora do Premio Merlín de Literatura Infantil e do Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. Deseguido, o alumnado de 2.º da ESO do IES Monelos puido partillar as súas experiencias lectoras coa autora sobre a obra Jules Verne e o misterio das mulleres planta.

O alumnado de 3.º da ESO do IES A Sardiñeira falou con María Solar sobre a novela Os nenos da varíola, unha das obras en galego máis vendidas durante os anos 2017 e 2018, e finalmente foi Andrea Maceiras quen cerrou os encontros desta primavera no IES Ramón Otero Pedrayo, onde o alumnado compartiu coa autora as súas impresións sobre a novela O que sei do silencio.

Estes encontros no ensino forman parte do programa de dinamización lingüística Falamos, que persegue fomentar a creatividade cultural na nosa lingua, así como estimular nas xeracións máis novas actitudes favorables que se traduzan nun uso xeneralizado do galego, superando vellos prexuízos, presións globalizadoras e inercias negativas.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión