Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

30 de abril de 2020

Esta fin de semana proclamarase o equipo gañador do “I Torneo eSports Cidade da Coruña”

Desde mañá até o domingo, en que se xogará a final, a veciñanza poderá seguir a retransmisión en directo dos encontros a través da páxina web do concello Como previa á final, disputarase un partido entre xogadores do R.C. Deportivo de La Coruña e do R.C. Celta de Vigo

As dúas semifinais do "I Torneo eSports FIFA 20 Cidade da Coruña" terán lugar mañá, ás 19.30 horas, entre Dieguiitoo08 e DOPITRON, e ás 20.45 horas, nun segundo enfrontamento entre JorgeGallego e danielcol10. Ambas as partidas serán retransmitidas en directo a través da páxina web do Concello da Coruña https://www.coruna.gal/deportes/gl/actividades/esports-concello-da-coruna-fifa20

Os equipos gañadores de cada choque pasarán á final, que se xogará o domingo 3 de maio ás 21.30 horas, e será narrada por comentaristas especializadas/os en eSports xunto con xornalistas deportivos de Galicia. Esta poderase desfrutar tamén en directo desde a mesma páxina web.

Como aperitivo a esta cita, disputarase ás 20.45 horas outra non menos apaixonante partida entre David Simón do Deportivo da Coruña e un xogador do Celta de Vigo, que sairá do campionato interno do club.

Posteriormente, as e os gañadores de cada final xogarán un encontro no acto de entrega dos premios, aínda sen data, xa que Deportes anunciará o día concreto unha vez que se levante o estado de alarma e cando as recompensas estean dispoñibles.

A campioa ou campión recibirá unha PlayStation 5, un xogo do FIFA 21 e mais a invitación para xogar contra o equipo gañador do partido disputado por futbolistas profesionais do R.C. Deportivo contra o R.C. Celta de Vigo (dentro do Torneo eSports Cidade da Coruña).

O segundo clasificado recibirá unha PlayStation 5 e un xogo do FIFA 21 e o terceiro unha PlayStation 5. Para o cuarto posto do campionato está reservado un xogo do FIFA 21 e un vale por unha subscrición anual de PlayStation Network.

Ademais, entre o resto de persoas participantes sortearanse dúas consolas PlayStation 5, 10 unidades do xogo FIFA 21 e 10 vales de subscrición anual de PlayStation Network.

PARTICIPANTES

Neste I Torneo eSports Cidade da Coruña inscribíronse algo máis de 500 persoas das que 444 cumprían as bases da convocatoria e que se foron emparellando en distintas roldas eliminatorias que creou o propio sistema informático do programa até quedaren os catro semifinalistas.

Desde a Concellaría de Deportes valoran moi positivamente a acollida que tivo esta iniciativa entre as e os coruñeses e o ritmo tranquilo en que transcorreron as distintas xornadas eliminatorias, polo que non descartan realizar futuras convocatorias. Agradecen tamén a colaboración de Maritime Global Services e da cadea Cope Galicia, así como o traballo das e dos técnicos municipais na coordinación do torneo.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión