11 de abril de 2023
Este sábado día 15 de abril no Hall de Proa do Palexco de 11.00 a 20.00.
Divulgar e profundar no ensino e aprendizaxe das matemáticas é un dos principais obxectivos da XVI edición da Feira Matemática.
O Servizo Municipal de Educación colabora nestas xornadas organizadas pola Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática (Agapema) O evento, dedicado a todas as etapas do ensino, consiste nunha Feira na que cada centro, profesorado e alumnado pode expoñer e presentar as propostas didácticas que considere.
O lema deste ano para o día escolar das matemáticas é "As matemáticas dos volcáns", eixe que guía ao persoal docente a preparar a actividade ou o material. Cada centro inscrito na actividade disporá dunha caseta ou posto para mostrar todas as súas experiencias de aula, xogos ou exposicións.

1 de xuño de 2026

27 de maio de 2026

24 de maio de 2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible