28 de novembro de 2023
Tamén desde este venres, a Oficina Municipal de Información ao Consumidor acolle unha nova edición da Casa dos Xoguetes. As persoas interesadas poderán entregar obxectos en bo estado de conservación, que serán posteriormente reutilizados
Este venres 1 de decembro comezarán as actividades infantís de Nadal que promove o Concello a través da Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC), situada na rúa Costa da Palloza, 8.
Os obradoiros, que se estenderán ata o día 5 de xaneiro, están ideados para nenas e nenos de entre 4 a 10 anos, baixo un formato que busca, en primeira instancia, promover a creatividade da rapazada e, ademais, facilitar a conciliación familiar nestas datas festivas.
Haberá un total de 33 talleres entre os días 1 de decembro e 5 de xaneiro, con sesións específicas por tres treitos de idade (para a cativada de 4-5 anos; para a de 6-7-8 anos; e para a de 9-10 anos). Cada sesión terá unha duración de media hora, e levaranse a cabo de forma consecutiva. As datas e horarios previstos son os seguintes:
Todas as actividades serán de balde. A inscrición poderase levar a cabo na propia OMIC, 15 minutos antes do comezo de cada actividade. A este respecto, cómpre lembrar que a capacidade máxima prevista para cada obradoiro será de 9 persoas por sesión.
A Casa dos Xoguetes tamén comeza a súa actividade este venres 1
Tamén este venres 1, o Concello da Coruña, a través da Oficinal Municipal de Información ao Consumidor (OMIC), porá en marcha un ano máis a campaña da Casa dos Xoguetes, unha iniciativa pensada para fomentar o consumo consciente e responsable e darlles unha nova vida a aqueles obxectos en bo estado que non teñen uso.
A oficina, situada no número 8 da rúa Costa da Palloza, estará aberta ata o 5 de xaneiro e permitiralles a aquelas persoas interesadas entregar xoguetes en bo estado de conservación. Os xoguetes que se recollan terán que cumprir coas normativas europeas para o seu uso e estarán destinados a nenos e nenas de ata 14 anos. Aceptaranse un máximo de 10 xoguetes entregados por usuario ou usuaria.
Esta campaña, impulsada polo Goberno de Inés Rey, ten como finalidade contribuír a fomentar un consumo responsable entre a cidadanía, alongando a vida útil dos obxectos dun xeito solidario e desinteresado, que axuda tamén a reducir o volume de residuos xerados na cidade.
Os horarios de apertura da Casa dos Xoguetes serán os seguintes: de luns a venres das 10.00 ás 19.00 horas, e os sábados das 10.00 ás 14.00 horas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible