Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

11 de maio de 2025

Facundo Medard e Alba Raso, mellores tempos da Baixada Popular de San Pedro de Visma

Na terceira proba do circuíto Coruña Corre participaron máis dun milleiro de persoas

Facundo Medard e Alba Raso gañaron a XVI Baixada Popular de Cross de San Pedro de Visma, terceira proba do circuíto de carreiras populares Coruña Corre, que se disputou esta mañá coa participación de máis dun milleiro de persoas. Na categoría masculina acompañaron a Medard no podio Nuno Moure como segundo e Abdelaziz Fatihi como terceiro. Na disciplina feminina Inés Papín e Noelia Souto completaron o podio.

Ata un total de sete probas se disputaron esta mañá en San Pedro de Visma. A carreira discorreu pola estrada de Bens ata o parque, onde tivo lugar a meirande parte da proba, antes de regresar polo mesmo percorrido. O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez participou no acto de saída da categoría absoluta e no entrega de trofeos posterior. "Desde o Gobierno de Inés Rey continuamos apoiando este circuíto, o mellor de Galicia de carreiras populares, que é un dos piares da nosa área de Deportes polo fomento de hábitos de vida saudable que promove", indicou Vázquez.

Datas do circuíto Coruña Corre 2025

  • XIII Carreira Popular Torre de Hércules: 15 de marzo

  • IX Carreira Popular Matogrande-Xuxán: 6 de abril

  • XVI Baixada Popular de Cross San Pedro de Visma: 11 de maio

  • XII Carreira Popular Os Rosales: 1 de xuño

  • XII Carreira Popular Volta a Oza: 14 de setembro

  • XI Carreira Popular do Ventorrillo: 26 de outubro

  • XIII Carreira Popular Novo Mesoiro: 23 de novembro

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión