Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

13 de setembro de 2022

Facundo Medard e Uxía Rodríguez dan a Volta a Oza

A gañadora defendeu o liderado no seu percorrido polos Parques de San Diego, Oza e Eirís, onde Medard sumou o seu primeiro triunfo

Sol, calor, esforzo, entrega e o premio do obxectivo cumprido ao chegar á meta despois de atravesar tres parques da cidade, os de San Diego, Oza e Eirís. Uxía Rodríguez e Facundo Medard foron os máis rápidos en dar a Volta a Oza.

Máis de 1.300 persoas inscribíronse á quinta entrega do circuíto Coruña Corre, que visitou os barrios de Oza e Eirís o segundo domingo de setembro, unha xornada estival, que incrementou a dificultade intrínseca do percorrido.

Un trazado de 6.250 metros que a líder do circuíto en categoría feminina, Uxía Rodríguez, completou en 27:23. O final foi moi apertado. Avantaxou en seis segundos a Nerea Sánchez, en oito a Ángela Torrente e en catorce a Nati Sánchez. Todas chegaron nun pano.

Con algo máis de marxe sobre o seu inmediato perseguidor (vinte segundos), atravesou a meta Facundo Medard, que levou un ritmo de 3:07 por quilómetro e investiu 19:27 no percorrido. A loita polo podio foi rifada, con tres atletas en trece segundos: Álvaro Presedo, líder do circuíto, levou a prata, Yago Ignacio García colgouse o bronce e Abdelaziz Fatihi tivo que conformarse coa cuarta praza.

En sub-18 impuxéronse Ainoa Gontán (8:52) e Gonzalo Cao (8:05), aínda que mellorou o seu tempo Anxo Belo (07:45), gañador en sub-16, categoría na que venceu na proba feminina Irea Alén (8:56).

Pablo Vázquez (05:32) e Alba Morais (06:14) triunfaron en sub-14; Lucía Ageitos (2:48) e Josep Bastos (2:42), en sub-12; e Sara Zuluaga (3:13) e Thiago López (3:00) fixérono en sub-10.

Éxitos aos que se sumaron tamén quen tomou parte nas probas para Peques, que conxugan deporte e diversión.

Para hidratarse e repoñer forzas, a organización proporcionou auga e avituallamiento sólido coa xentileza dos patrocinadores, Coca Cola, Gadis e Sanbrandan.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión