Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

27 de outubro de 2017

Festa de Samaín do comercio de barrio

O martes 31 de outubro realizarase na praza de María Pita a festa do Samaín

O vindeiro martes 31 de outubro realizarase na praza de María Pita a Festa de Samaín, coa que finaliza unha actividade programada polo Concello para dinamizar o comercio de barrio. Desenvolvéronse accións propias desta festa, na que participaron nenos de educación primaria dos centros educativos interesados, que percorreron as tendas de barrio. Durante o mes de outubro o comercio repartiu rifas entre as súas persoas clientas para participar nun sorteo de 200 vales de compra.

A actividade finaliza o martes 31 de outubro cun pasacalles da Santa Compaña e unha gran festa con magosto na praza de María Pita. O martes 31 pola mañá realizarase o sorteo das rifas entregadas polo comercio de barrio e publicaranse as premiadas na páxina web do Concello. Pola tarde, durante a festa, sortearanse diversos premios, entre os que destaca unha viaxe a Disney para catro persoas.

Enderezo:

Rúa Hospital 19. 15001 A Coruña

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión