13 de outubro de 2023
As actividades, de carácter gratuíto, terán lugar do 27 ao 30 de outubro
As prazas cubriranse por orde de inscrición en cada centro ata completar a capacidade
Hoxe, venres 13 de outubro, abre o prazo de inscrición nas actividades infantís con motivo do Samaín 2023, que terán lugar nos Centros Cívicos Municipais.
Nos centros máis grandes terán lugar festas temáticas de Samaín, ás que os nenos e as nenas poderán asistir disfrazados.
Nos centros cívicos con menor capacidade levaranse a cabo outras actividades como talleres de arañas, meigas e monicreques relacionados co Samaín.
As actividades comezarán o venres 27 de outubro e finalizarán o día 31 de outubro.
Programaranse nun total de 22 centros cívicos en horario de tarde, excepto os talleres nos centros cívicos de San Pedro de Visma, Santa Margarida, Santa Lucía e Castro de Elviña.
Todas as festas e os talleres son gratuítos. As prazas cubriranse por orde de inscrición nos propios centros ata completar a capacidade.
Os calendarios das festas e das actividades pódense consultar nos documentos anexos.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible