7 de marzo de 2022
Acabamos co noso repaso ás clasificacións das diferentes categorías do circuíto Coruña Corre
É a quenda agora das categorías Sénior, as 7 categorías de Máster e a clasificación por equipos mixtos.
Clasificación en categorías masculinas:
Sénior Masculino manda na clasificación Abdelaziz Fatihi con 2 puntos, segundo figura Álvaro Marín Pérez, con 3 puntos. En terceira posición Juan Ramón Collazo Areoso, con 5 puntos.
Máster 1, marcha no primeiro posto Álvaro Presedo Fraguío, con 4 puntos. En segunda posición atópase Adrián Conde Fraga, con 12 puntos. En terceiro lugar, Eloy Gónzalez Horta, con 15 puntos.
Máster 2, figura en primeira posición José María Sánchez San Luís, con 7 puntos. O segundo clasificado é Carlos Iglesias Area, que sumou 8 puntos. E o terceiro clasificado é Fernando del Corral Rey con 13 puntos.
Máster 3, marcha no primeiro posto Fernando Vázquez Ares, con 10 puntos. En segunda posición atópase Francisco Javier Maseda Carballo, con 11 puntos. En terceiro lugar, Ángel Maceiras Lago, con 19 puntos.
Máster 4, manda José Antonio Gontán Castro, con 34 puntos, segundo é Pablo Lema, con 41 puntos, o terceiro clasificado José Luis Roibas Fernández, con 42 puntos.
Máster 5, marcha en primeiro lugar Jesús Álvarez Chinchilla, con 38 puntos, seguido polo atleta José Luis Río Silva, que ten no seu haber 56 puntos. En terceiro posto atópase Lorenzo Sánchez Marcos, con 95 puntos.
Máster 6, figura en primeira posición Saúl Gómez Lanzo, con 141 puntos. O segundo clasificado, Juan Carlos Menéndez Domínguez, suma 231 puntos. E o terceiro clasificado é Antonio García Bello con 257 puntos.
Clasificación en categorías femininas:
Sénior Feminino manda na clasificación Uxía Rodríguez Negreira, con 83 puntos, seguida por Nerea Sánchez Rocha, con 133 puntos. En terceira posición Iría Sánchez Prieto, con 227 puntos.
Máster 1, marcha no primeiro posto Beatriz Muiño Vidal, con 166 puntos. En segunda posición atópase Marta Muiño Vidal, con 205 puntos. En terceiro lugar figura Elena Suárez Gesto, con 308 puntos.
Máster 2, figura en primeira posición Ángela Torrente Insua, con 119 puntos. Tras ela, en segunda posición, Nati García Sánchez, que sumou 158 puntos. Na terceira clasificada atópase Laura Felipe Rodríguez, con 178 puntos.
Máster 3 en primeira posición manda Elena González Fernández, con 198 puntos. A continuación, Elisa Cobelo Romero, con 273 puntos e María Guadalupe Buján Rodríguez, con 312 puntos.
Máster 4, en primeira posición está Inés Papín Estévez con 144 puntos, en segunda posición figura Rocío Díaz Mesa con 296 puntos e finalmente en terceira posición sitúase María Dolores González Hernández con 379 puntos.
Máster 5, figura en primeira posición Purificación López Mahía, con 248 puntos. Tras ela, en segunda posición, María del Mar Barcón Sánchez, con 556 puntos. Na terceira clasificada atópase María del Carmen Lema Devesa, con 608 puntos.
Máster 6, marcha en primeiro posto na clasificación Silvia Sánchez Bascoy, con 536 puntos, seguida por Pilar Fernández Romero, con 544 puntos. En terceira posición María del Carmen Miranda Amado, con 772 puntos.
Máster 7, en primeira posición está Sara Barreiro Blanco con 715 puntos.
Clasificación equipos mixtos:
Equipos mixtos, figura en primeira posición o equipo Running Oleiros 1 con 4 puntos. En segunda posición Showrunners Cas con 7 puntos e en terceira posición o equipo Compiscas 6* con 14 puntos.

30 de novembro de 2025

21 de novembro de 2025

17 de novembro de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible