Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

10 de xuño de 2023

A actuación, financiada con fondos Next Generation, forma parte da rolda peonil que atravesará a cidade

Finalizan as obras de humanización da segunda fase da rúa Alcalde Marchesi

A conexión entre o cruzamento coa rúa Posse e a Gaiteira acometerase durante o vindeiro mes de setembro

Esta semana finalizaron os traballos de humanización da rúa Alcalde Marchesi, no seu tramo entre as rúas Ramón y Cajal e Posse, e na rúa Río Monelos ata o viaduto que atravesa a avenida de Oza. A actuación, enmarcada na rolda peonil que atravesar a cidade de leste a oeste, permitiu gañar espazo para os peóns e crear zonas axardinadas.

A humanización da rúa, así como da rúa Río Monelos, contou cun orzamento de 676.734 euros e cofinanciuose con fondos Next Generation. As actuacións dan continuidade á primeira fase de Alcalde Marchesi, rematada xa o ano pasado. En ambos os dous casos instalouse plataforma única, quedando como rúa peonil o primeiro tramo entre Catro Camiños e Ramón y Cajal, e gañando espazo peonil no segundo, ata a rúa Posse, mais permitindo o tránsito de vehículos. 

A actuación, ao detalle

A intervención supuxo a ampliación das zonas de uso peonil exclusivo e xerouse espazo de pacificación, con uso mixto, con prioridade para as peoas e os peóns. A rúa Alcalde Marchesi queda cun carril de calzada, cunha zona de carga e descarga na marxe dereita e beirarrúas axardinadas a ambos os lados, con novo mobiliario público como bancos de formigón. No acceso desde Ramón y Cajal elevouse a calzada para evitar o exceso de velocidade dos vehículos á entrada neste tramo. Ademais, o novo paso de peóns entre os dous tramos de Alcalde Marchesi dálle continuidade á rúa.

Na rúa Río Monelos instalouse tamén plataforma única, cunha zona de circulación mixta e espazos de uso exclusivo peonil. Instaláronse tamén novas xardineiras e mobiliario urbano. 

O material principal desta actuación, seguindo o criterio empregado no resto da rolda peonil, foi o formigón, con detalles de cor como a lámina azul que lembra o paso do río Monelos. As árbores plantadas son bidueiros. Renovouse tamén a iluminación cunha de tipo LED máis eficiente enerxeticamente e todo o conxunto fíxose accesible para persoas con mobilidade reducida.

En total, no segundo tramo de Alcalde Marchesi instaláronse 51 novos bancos e plantáronse 24 bidueiros e 14 pradairos, ademais de dispor de 18 xardineiras cunha superficie total de 280  metros cadrados.

O Concello ten previsto completar, no mes de setembro, o cruzamento peonil entre a Gaiteira e Alcalde Marchesi a través da rúa Posse. Nese punto ampliarase tamén a plataforma peonil para facela máis segura e accesible e para darlle continuidade á rolda peonil. 

Os traballos da rolda peonil, impulsados polo Goberno de Inés Rey, seguen adiante no tramo que vai desde o primeiro tramo da rolda de Outeiro ata San Diego.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión