12 de xaneiro de 2022
Celebrarase o 31 de xaneiro de 2022 ás 19.30 h no Paraninfo da Universidade da Coruña
Xa está dispoñible a reserva de entradas para a conferencia "Educación: onde empeza todo". Pódense adquirir aquí.
A conferencia tamén se emitirá en liña na canle de YouTube da Concellaría de Educación da Coruña, a través da seguinte ligazón: https://www.youtube.com/watch?v=I8Sq0hVN6Og.
María Teresa Fernández de la Vega
María Teresa Fernández de la Vega é licenciada en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid e doutora honoris causa pola Universidade Internacional Menéndez Pelayo. Entre 1994 e 1996 foi vogal do Consello Xeral do Poder Xudicial. Foi deputada no Congreso entre 1996 e 2010, e desde 2004 ata 2010 foi vicepresidenta do Goberno, ministra de Presidencia e voceira do Goberno.
Na actualidade é a presidenta do Consello de Estado, do que forma parte desde 2010. É a primeira muller en presidilo. Fernández de la Vega creou en 2012 a fundación Mulleres por África, que preside desde entón.
Documentos relacionados
2 de maio de 2024
2 de maio de 2024
30 de abril de 2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible