1 de outubro de 2008
Salvador de Madariaga, un líder sen multitudes. Este é o título da conferencia que Francisco Vázquez, embaixador de España no Vaticano, pronunciará ás doce do mediodía de hoxe na Fundación Caixa Galicia.
A disertación forma parte do curso da Universidade Internacional Menéndez Pelayo dedicado ao intelectual coruñés, e cuxa última intervención será a de Vázquez. "Madariaga non necesita multitudes que lle sigan para ser o mellor político español do século XX", adiantou onte o ex alcalde coruñés. Tamén indicou que, na súa disertación de hoxe, ten previsto expoñer a súa visión de España "a súa concepción do federalismo e o papel dos nacionalismos" que tiña Madariaga, unhas teorías que cualificou como moi actuais.Tras o relatorio de Vázquez, o director da UIMP en Galicia, Xosé Luís Barreiro, e o deste curso Manuel de Artaza, pecharán o mesmo.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible