11 de xaneiro de 2016
Promoción do espírito empresarial facilitando o aproveitamento económico de novas ideas e impulsando a creación de novas empresas.
Para poder optar ás axudas, da iniciativa Galicia Emprende, en réxime de concorrencia competitiva, as pemes e proxectos deben de cumprir as seguintes condicións [descrición breve]:
Son beneficiarios potenciais destas axudas:
As pequenas e medianas empresas que cumpran as seguintes condicións:
a) Composición do capital, no caso de sociedades mercantís:
1º O seu capital terá que atoparse maioritariamente participado pola suma das participacións de persoas físicas que non estean a acometer outras actividades económicas por conta propia na data de presentación da solicitude e das achegas de entidades de capital risco e investidores persoais adscritos a unha rede asimilable ás coñecidas como redes de business-angels.
2º A participación no capital da empresa de persoas, físicas ou xurídicas, que si estean a desenvolver outras actividades económicas na data de solicitude, non poderá exceder conxuntamente o 49%. Polo menos unha das persoas físicas cunha participación superior ao 20% no capital e sen outra actividade económica por conta propia á data de solicitude, deberá ter unha dedicación plena ao proxecto, e non poderá desempeñar outra actividade por conta allea desde a alta de actividade da nova empresa e ata o fin do período de execución do proxecto establecido na resolución de concesión.
b) Antigüidade na actividade empresarial:
1º No caso dos autónomos a data de alta censual non poderá ter unha antigüidade superior a 42 meses no momento da solicitude de axuda e deberá ter unha dedicación plena ao proxecto, e non poderá desempeñar outra actividade por conta propia ou allea desde a alta de actividade.
2º No caso de sociedades, tanto a súa data de constitución como a súa data de alta censual non poderán ter unha antigüidade superior a 42 meses no momento da solicitude de axuda.
c) Contribución financeira exenta de axudas públicas:
Os beneficiarios deberán achegar para o proxecto de investimento unha contribución financeira exenta de calquera tipo de apoio público de polo menos un 25% do seu importe, sexa mediante recursos propios ou mediante financiamento externo.
Requisitos principais do proxecto:
1.- Os proxectos deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Non comezar antes da presentación da solicitude de axuda.
b) Presentar un custo subvencionable superior a 25.000 euros e non superior a 500.000 euros.
c) Os gastos e/ou investimentos subvencionables terán que estar localizados no centro de traballo da empresa en Galicia.
2.- Considérase novo emprendedor, aquela persoa física que non estea a acometer outra actividade económica por conta propia na data de presentación da solicitude de axuda ou ben, que figure de alta no RETA cunha antigüidade igual ou inferior a 42 meses, ou teña unha participación igual ou inferior ao 25% do capital dunha sociedade mercantil.
3.- Considérase nova peme:
a) No caso dos autónomos, cando a data de alta censual non teña unha antigüidade superior a 42 meses no momento da solicitude de axuda e deberá ter unha dedicación plena ao proxecto, e non poderá desempeñar outra actividade por conta propia ou allea desde a alta de actividade.
b) No caso de sociedades, cando a súa data de constitución como a súa data de alta censual non teñan unha antigüidade superior a 42 meses no momento da solicitude de axuda.
O prazo de presentación finaliza o 12/02/2016.
Revisa os requisitos de forma detallada; podes facelo a través desta ligazón.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible