Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

6 de agosto de 2025

Gonzalo Castro destaca a ampla variedade de artistas e xéneros no inicio do XXXVIII Festival Noroeste Estrella Galicia

O concelleiro de Cultura e Turismo supervisou as tarefas de montaxe do escenario de Riazor

Esta mañá, na que dan comezo os concertos da XXXVIII edición do Festival Noroeste Estrella Galicia, o concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, supervisou as tarefas de montaxe do escenario de Riazor, onde se desenvolverán os concertos de Luar na Lubre, Guadi Galego, Grande Amore, Carlos Ares, Siloé e The Vaccines. Fíxoo acompañado polo presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e Antonio Viejo, Director Corporativo de Hijos de Rivera.

Os representantes das institucións e organizacións implicadas na súa organización, como son o Concello da Coruña, a Deputación da Coruña e Estrella Galicia, ademais da Axencia de Turismo de Galicia, coinciden en valorar esta programación como "unha mostra de todo o  que se pode abarcar froito da colaboración entre diferentes entidades e administracións".

"Atopamos aquí artistas de gran nivel, tanto locais, como nacionais e internacionais, dos que poderemos gozar durante 5 intensos días que de seguro marcarán o camiño do que serán vindeiras edicións do Festival Noroeste Estrella Galicia", afirmou Gonzalo Castro, edil de Cultura do Concello da Coruña.

Pola súa banda, Valentín González Formoso, presidente da Deputación da Coruña, reafirmou "o compromiso da Deputación coa cultura e cos programas culturais deste calibre; que o público poida desfrutar de 38 concertos sen ter que pagar un só euro é algo inédito non só en Galicia, tamén no resto do Estado".

Este xoves arrinca a XXXVIII edición do Festival Noroeste Estrella Galicia con actuacións no Castelo de San Antón, María Pita, praza de Azcárraga e Campo da Leña. A xornada do xoves manterá a mesma configuración de escenarios, mentres que o venres Riazor tomará o protagonismo xunto co Portiño, onde se instalará o Mercado de la Cosecha, iniciativa promovida por Estrella Galicia.

Mañá arrinca o Mercado de Discos do Noroeste

Creado co obxectivo de establecer un punto de encontro musical na Coruña, reunirá a coleccionistas, expositores, selos e distribuidoras de soportes fonográficos, incluíndo vinilos e CD`s.

Haberá máis de 20.000 unidades dispoñibles, entre LP's, CD's, singles e maxisingles, incluíndo discografías completas dalgúns artistas, edicións descatalogadas, reedicións e ofertas de case todos os estilos. Tamén haberá unha destacada presenza de discos publicados por selos e editoriais galegas. Con esta, xa son catro edicións.

O acceso será libre para todos os públicos desde o xoves 7 de agosto ata o  sábado 9 de agosto na primeira planta do Mercado de San Agustín, con horario ininterrompido de 11:30 a 19:30 horas.

Organizado por Nonito Pereira, acollerá tamén unha exposición cuxa temática é a interpretación, ou reinterpretación, de famosas portadas de discos, entendendo o concepto como unha nova versión das devanditas creatividades con achegas persoais significativas por parte do autor, o ilustrador e deseñador galego Fausto Isorna. Titúlase "ReDiscOver".

Horarios

Mércores 6 de agosto

13:00h - Los SEX (Campo da Leña)

14:00h - Adhara & Ritman (Praza da Azcárraga)

19:00h - Vieux Farka Touré Quartet (Castelo de San Antón)

20:00h - J.P. Bimeni and The Black Belts (Praza da Azcárraga)

21:00h - Albert Pla & Rumbagenarios (María Pita)

22:00h - Los Deltonos (Campo da Leña)

22:45h - La Yegros (María Pita)

23:00h - Annie and the Caldwells (Azcárraga)

00:00h - O'Funk'illo (Campo da Leña)

Xoves 7 de agosto

13:00h - Komodo (Campo da Leña)

14:00h - Candela Liste (Praza da Azcárraga)

19:00h - Ballaké Sissoko + Piers Faccini  (Castelo de San Antón)

20:00h - P.P Arnold (Azcárraga)

21:00h - Queralt Lahoz (María Pita)

22:00h - Hermana Furia (Campo da Leña)

22:45h - MONDRA (Praza de María Pita)

23:00h - Tito Ramírez (Praza de Azcárraga)

00:00h - Battosai (Campo da Leña)

Venres 8 de agosto

13:00h - Gustavo Almeida (Campo da Leña)

14:00h - Revel Velvet (Azcárraga)

16:00h - Rapariga DJ (O Portiño)

16:30h - Experimento Basement (Azcárraga)

17:15h - Roda Door (Azcárraga)

18:00h - Nordés (Azcárraga)

18:00h - Leria (Campo da Leña)

19:00h - McEnroe (Castelo de Santo Antón)

19:00h - Scarecröw (Azcárraga)

20:00h - Doctor Snob (Campo da Leña)

21:00h - Carlos Ares (Playa de Riazor)

22:30h - Luar na Lubre (Playa de Riazor)

00:00h - Grande Amore (Playa de Riazor)

Sábado 9 de agosto

13:00h - Raphael de la Ghetto (O Portiño)

17.00h - Señora DJ (O Portiño)

21:00h - Guadi Galego (Playa de Riazor)

22:30h - Siloé (Playa de Riazor)

00:00h - The Vaccines (Playa de Riazor)

Domingo 10 de agosto

13:00h - Eme DJ (O Portiño)

16:00h - DJ Peligro (O Portiño)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión