A Coruña City Council

A Coruña City Council

Dates:

14 of march of 2024

Gonzalo Castro reivindica a necesidade de “manter viva a tradición musical galega” na presentación da mostra de Fuxan os Ventos

A exposición, aberta á cidadanía na Sala Salvador de Madariaga, recolle os 50 anos de historia da formación

O concelleiro da Área de Fomento e Promoción da Cidade, Gonzalo Castro, presidiu esta tarde a apertura da mostra 'Fuxan os ventos. 50 anos de historia', que conmemora o medio século de historia desta formación musical na Sala de Exposicións Salvador de Madariaga. A mostra é de acceso libre á cidadanía ata o 2 de xuño, en horario de 12.00 a 14.00 e de 18.00 a 21.00 horas.Gonzalo Castro estivo acompañado por Sabela Fraga, comisaria da mostra e Carmen Vázquez, Antón Castro e Tereixa Novo, membros de Fuxan os Ventos. "O Goberno de Inés Rey aposta por manter viva a tradición musical galega e dar a coñecer os seus principais referentes a través de iniciativas como esta", indicou Castro.Fotografías, carteis, instrumentos, poemas, partituras e audios inéditos son algunhas das pezas a través das cales o público poderá mergullarse na cronoloxía e no universo creativo de Fuxan os Ventos, nunha mostra que, ademais, conta coas achegas de múltiples persoas e entidades culturais do país. O proxecto expositivo idéase por un grupo de persoas entre os que se atopan varios membros de 'Fuxan os Ventos', a comisaria, a directora de arte Melania Freire e a coordinadora do proxecto Noa Díaz.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión