Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

14 de febreiro de 2023

Inauguración da exposición "Camiños do Exilio 1939. Exposición de fotografías inéditas de Philippe Gaussot"

O xoves, 16 de febreiro, ás 12.30 h inaugurarase a exposición na Casa Casares Quiroga.

Realizada en colaboración coa asociación francesa "24 août 1944" a exposición mostra as fotografías inéditas de Philippe Gaussot, un dos fundadores do diario rexional Le Dauphiné Libéré e coñecido xornalista especializado en fotografía de montaña. Philippe nunca relatou en vida o importante papel que desenvolveu durante o final da Guerra Civil española axudando os exiliados republicanos na súa fuxida. O seu fillo Jean-Philippe achou anos despois unha maleta chea de negativos ordenando as caixas que deixara, un tesouro visual, un dos escasos documentos gráficos que existen da "Retirada" e que agora podemos coñecer de primeira man e por primeira vez en Galicia.

A colección está formada por tres bloques:

• A acollida de nenos vascos e cataláns, desde 1937

• A Retirada en febreiro de 1939

• Os campos de internamento nas praias do Roselló

Onde e cando?

Do 16 de febreiro ao 7 de maio de 2023 Casa Museo Casares Quiroga (rúa Panadeiras, 12, A Coruña)

• Martes a sábado de 11.00-13.30 e de 18.00-20.00 horas

• Domingo e festivos de 12.00-14.00 horas. Luns pechado

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión