Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

26 de febreiro de 2024

Inaugurada a nova exposición que recolle o legado do arquitecto galego Antonio Palacios, aberta ás visitas na sala municipal de mostras do Palexco

O concelleiro de Urbanismo, Vivenda e Rehabilitación, Francisco Díaz Gallego, puxo en valor a traxectoria de Palacios, que “amosa a súa preocupación polo urbanismo das nosas cidades e vilas, tamén por un estilo arquitectónico propio, acorde coa nosa cultura”

O concelleiro de Urbanismo, Vivenda e Rehabilitación, Francisco Díaz Gallego, participou hoxe no acto de apertura da mostra 'Antonio Palacios. El rumor de la historia, el ruido del tiempo', que percorre a figura e traxectoria do arquitecto e urbanista galego, recoñecido como un dos profesionais destacados da historia da arquitectura a nivel nacional.

A exposición, aberta desde hoxe na Sala Municipal de Exposicións do Palexco, forma parte do abano de actividades incluídas no 'Ano Antonio Palacios', unha iniciativa impulsada desde o Colexio Oficial de Arquitectos de Madrid (COAM), a Fundación Arquitectura COAM e o Concello de Madrid, coa colaboración do Concello da Coruña, co gallo do 150 aniversario do nacemento de Palacios.

Neste contexto, e tras unha estadía previa en Madrid, a mostra 'Antonio Palacios. El rumor de la historia, el ruido del tiempo' chega á Coruña en virtude do convenio existente entre o Concello da Coruña e a propia Fundación Arquitectura COAM, promovido polo Goberno de Inés Rey co obxectivo de que a cidade sexa receptora de futuras exposicións de interese nacional no eido da arquitectura.

Na súa intervención desta tarde, Díaz Gallego puxo en valor este acordo, ao que se abriu camiño o ano pasado tras unha primeira colaboración co Colexio Oficial de Arquitectos de Madrid (COAM), cunha exposición en recoñecemento ao arquitecto coruñés Ramón Vázquez Molezún, Premio Nacional de Arquitectura no ano 1954. "Como dixemos na Semana da Arquitectura de 2023, A Coruña é a cidade da arquitectura, e feitos como o de hoxe, coa inauguración desta maravillosa exposición, son o camiño para continuar divulgando e poñendo en valor a nosa arquitectura", indicou Díaz Gallego.

O concelleiro convidou a cidadanía a achegarse á Sala Municipal de Exposicións do Palexco para "disfrutar da obra do xenial arquitecto galego, neste caso ademais cos seus proxectos máis descoñecidos, aqueles fóra da cidade de Madrid, onde amosa a súa preocupación polo urbanismo das nosas cidades e vilas, tamén por un estilo arquitectónico propio, acorde coa nosa cultura".

A exposición 'Antonio Palacios. El rumor de la historia, el ruido del tiempo' poderá visitarse ata o día 12 de abril, no horario habitual de apertura da sala: de luns a venres (12.00 a 14.00, e 18.00 a 21.00). O acceso é de balde.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión