Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

11 de decembro de 2007

Incendio da fábrica Roype

Unha intervención que parecía sacada dunha película de suspense

Por increible que pareza, os bombeiros de garda foron os que, despois de mirar de lonxe desde o parque de bombeiros, observaron algo que parecía fume. Non dubidaron en saír a inspeccionar e déronse conta de que non fallaran. Inmediatamente o sarxento de quenda ordenou a todo o persoal e material cara á nave da que saía bastante fume. Non foi facil acceder, posto que ten un valo de cerre e logo os portalóns que xa estaban dilatados. A empresa que se dedica a revestimentos, parqués, tarimas, taboleiros... estaba completamente en chamas. Aínda que se intentou sacar os vehículos, foi imposible. Unha boa anécdota foi a dunha furgoneta que, en chamas, primeiro acendéronselle as luces, logo comezou a soar o claxon e finalmente arrincou para encaixarse no portalón. Un dos nosos tivo que ser atendido despois de caer dunha altura de 3 metros sen consecuencias graves.

Páxina web:

https://www.flickr.com/photos/147588011@N07/albums/72157680184584995/with/32442858820/

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión