Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

24 de abril de 2008

Incendio no Restaurante "Noray"

A chamada temperá e os datos precisos foron imprescindibles para a intervención

Ás 8 da mañá recibimos numerosas chamadas alertando dun grande incendio nas inmediacións da praza de María Pita. Desde varios puntos da cidade dinnos que ven saír moito fume.

Saímos de inmediato con 3 dotacións de bombeiros ás que se suman durante o traxecto outras 2, tras solicitar máis información.

Ao chegar, vemos unha gran fumareda en todo o edificio e de forma moi intensa no baixo e na parte alta do edificio. O equipo de rescate xunto coa Policía Local desaloxan a veciñanza, entre a que hai varias persoas de idade avanzada e sen mobilidade.

Os equipos de extinción entran no baixo, primeira planta e tellado, xa que o incendio propagouse pola cheminea e as características do edificio, de tabiques e vigas de madeira, eran un grave perigo tanto para o persoal que alí traballaba como para o propio edificio. Mentres isto sucedía, outras dúas dotacións incorporábanse ao traballo, que suman un total de 7 dotacións e 40 bombeiros. Éntrase en todas as plantas, ou ben pola galería ou pola porta. Tras controlar o incendio, procedeuse ao saneamento de todo o edificio, así como ao arrefriado dos rescoldos.

Unha vez finalizado, quedou unha dotación nas inmediacións para comprobar que non se reavivaba.

Páxina web:

https://www.flickr.com/photos/147588011@N07/albums/72157678030361872

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión