Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

29 de xaneiro de 2024

A alcaldesa interviu esta mañá como convidada no almorzo con directivos organizado por Executive Fórum España

Inés Rey: “A Coruña é un modelo de progreso ao que se debería mirar desde Galicia”

Compartiu co tecido empresarial o modelo de Goberno da Coruña como fórmula de progreso e avance para Galicia

A alcaldesa, Inés Rey, interviu esta mañá no almorzo informativo organizado por Executive Fórum España como convidada para compartir co tecido empresarial o modelo de Goberno da Coruña como fórmula de progreso e avance para Galicia. "Representamos un modelo de progreso, con fortes cimentos e creo que moi indicativo sobre cara a onde debería camiñar tamén o noso país" indicou a alcaldesa.

Rey destacou a potencialidade da cidade como motor económico de Galicia en diferentes eidos e o seu dinamismo e capacidade de adaptación como característica principal da Coruña. Ademais, sinalou a importancia de entender o territorio como fórmula de bo goberno: "Entender A Coruña é o primeiro requisito para extraer dela toda a inmensa potencialidade que contén".

Nese sentido, Rey apuntou á segunda gran modernización da Coruña como novo impulso á cidade logo do modelo de transformación vivido nos anos oitenta. Puxo de exemplo a AESIA e a Cidade das TIC como proxectos de longo percorrido e garante económico da cidade e o contrapuxo coa proposta da Xunta a nivel autonómico "gobernar non é atender a impulsos, senón plasmar un proxecto" aseverou a rexedora.

No almorzo estiveron o delegado do Goberno, Pedro Blanco; a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas; o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso; o presidente da Confederación de Empresarios da Coruña, Antonio Fontenla; os xerentes e directores dos polígonos industriais así como outras asociacións empresariais e principais actores do tecido económico da cidade.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión