Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

5 de decembro de 2022

O Goberno de España escolleu A Coruña entre as 16 cidades españolas candidatas a albergar a sede da Agencia Española de Supervisión e Inteligencia Artificial

Inés Rey: “A elección da Coruña como sede da AESIA sitúanos como a cidade europea máis avanzada na materia”

A alcaldesa, Inés Rey, valorou a elección como a constatación de que A Coruña é o polo tecnolóxico de referencia en Galicia

O Goberno de España deu a coñecer a elección unánime da Coruña como sede para albergar a Agencia Española de Supervisión e Inteligencia Artificial (AESIA), logo do Consello de Ministros e Ministras celebrado esta mañá. "A elección da Coruña como sede da AESIA sitúanos como a cidade europea máis avanzada na materia, constatando que somos o polo tecnolóxico de referencia en Galicia e agora tamén en España" sinalou a alcaldesa, Inés Rey.

O Goberno de España, a través da súa voceira Isabel Rodríguez, fixo pública a elección da Coruña como sede da axencia entre as 16 cidades españolas que presentaron a candidatura. A voceira destacou a importancia do tecido universitario, económico e empresarial da cidade como elementos clave para a elección da Coruña. "Desde o principio defendín a nosa idoneidade como sede, avalada pola potencialidade do noso tecido empresarial e universitario. Potencialidades que hoxe son realidades. Sabíamos que eramos a mellor opción e a máis competitiva." explicou a rexedora.

A alcaldesa, Inés Rey, agradeceu o apoio do sector institucional, empresarial e universitario de toda Galicia, destacando ao tecido empresarial da cidade e á Universidade da Coruña especialmente. "Se fomos quen de conseguilo é grazas á forma de traballar que sempre defendín: seria, rigorosa e con moita dedicación. Porque só dende a templanza e o convencemento se pode construír un gran proxecto coma o desta cidade" destacou Inés Rey.

Dende o Goberno tamén destacaron o apoio para a candidatura da Coruña como sede da axencia, con máis de 90 apoios asinados por parte de empresas, institucións e entidades como mostra do compromiso coa cidade. "Unha vitoria conxunta froito da suma de todos aqueles que viron na AESIA unha oportunidade para a cidade, achegando o seu gran de area para que a axencia estivera na Coruña e en Galicia" explicou Inés Rey.

A alcaldesa rematou a súa intervención lembrando que a Agencia Española de Supervisión e Inteligencia Artificial será o primeiro organismo estatal destas características na Unión Europea, adiantándose á entrada en vigor do futuro regulamento de intelixencia artificial. "Facemos referencia á nosa condición de cidade faro, a esa A Coruña vangardista e pioneira na que outras moitas cidades se teñen mirado para deseñar o seu modelo de cidade e que hoxe volve ocupar o seu sitio no mundo" concluíu.

Dende o Goberno de España, ademais do escosistema universitario e empresarial valoraron moi positivamente a relación entre investigación e empresa así como o impulso á Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal que favorecerá unha maior cooperación transfronteiriza, permitindo a creación dun hub de talento ibérico para atraer e reter talento investigador.

A isto engádese a posibilidade de despregar proxectos previstos no Proxecto Estratéxico (PERTE) da "Nova economía da lingua" co que se potencia o español e as linguas cooficiais como factores de crecemento e competitividade a través dun ecosistema de innovación e intelixencia artificial.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión