Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

28 de maio de 2021

Inés Rey: “A peonalización de rúa Nova supón recuperar preto de 1.500 metros cadrados para as persoas”

A alcaldesa sinala que esta actuación supón un primeiro paso cara á reforma dos Cantóns e poder acadar unha cidade máis sustentable, en que as persoas sexan as protagonistas.

A alcaldesa, Inés Rey, anunciou esta mañá que desde o luns  rúa Nova será peonil. Esta actuación supón un primeiro paso cara á remodelación que se realizará nos Cantóns e que o Goberno local xa puxo en marcha cos traballos para consolidar os espazos gañados para a cidadanía durante a pandemia. "A peonalización supón recuperar preto de 1.500 metros cadrados para as persoas", dixo.

Pola Rúa Nova só se permitirá a entrada de vehículos para carga e descarga en horario de 06.00  a 11.00 horas, con sentido de circulación contrario ao actual: entrada por San Andrés e saída en Cantón Grande, nun punto habilitado para iso no Obelisco. Mentres que nos Cantóns, o tráfico de vehículos pasará a ocupar os dous carrís de entrada á cidade. Os carrís de saída serán zona peonil, aínda que non se habilitará até que rematen as obras de asfaltado e se realice o Gran Premio Internacional de Marcha Atlética que terá lugar o vindeiro 5 de xuño.

Canto ás paradas de taxis situaranse no Cantón Grande, de maneira paralela ao carril de sentido saída e en Entrexardíns, e tamén se habilitarán dúas paradas de bus de forma provisional fronte ao Obelisco e na praza de Mina, que se instalarán unha vez que finalice a competición de atletismo da vindeira fin de semana.

Doutra banda, Rey anunciou tamén que nos vindeiros días comezarán os traballos de reforma integral da rúa Alcalde Abella, entre as rúas Cantábrico e Santa Teresa. Deste xeito, dixo, esta rúa súmase á lista das vías acondicionadas no barrio de Monte Alto atendendo as demandas veciñais nunha zona en que non se realizan actuacións de mellora desde hai anos, e que polo seu mal estado necesitan dunha reforma integral. Trátase dunha rúa estreita con beirarrúas e calzada en moi mal estado que non lle garanten a accesibilidade á veciñanza. Urbanízanse preto de 1.400 metros cadrados de rúa. O proxecto, que conta cun orzamento de 231.700 euros, e un prazo de execución de seis meses, inclúe unha plataforma única, a renovación total do pavimento e a substitución da rede de saneamento. Ademais, renovarase a iluminación pública e dotarase a rúa de novo mobiliario e arboredo.

Este proxecto enmárcase dentro das actuacións para mellorar a mobilidade e a accesibilidade que o Goberno local está a desenvolver nunha aposta clara polas persoas e por recuperar espazos urbanos de calidade.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión