A Coruña City Council

A Coruña City Council

Dates:

22 of october of 2024

Inés Rey: “A política de proximidade padece de falta de financiamento, mentres os recursos están na política de distancia”

A alcaldesa abriu o almorzo-coloquio de Alberto Varela Paz, presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias, en Nordés Club Empresarial

A alcaldesa abriu o almorzo-coloquio de Alberto Varela Paz, presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias, en Nordés Club Empresarial sobre financiamento e administración local. Rey puxo sobre a mesa a falta de recursos económicos como problemática común a todos os concellos, con independencia do punto xeográfico ou formación política dos seus rexedores e rexedoras, respecto a outras administracións: "A política de proximidade padece de falta de financiamento, mentres os recursos están na política de distancia".

Lembrou que o financiamento é un eixe prioritario para as Federacións de Municipios e Provincias, tanto a nivel estatal como galego, e puxo en valor o traballo das entidades a prol dos Concellos. Así mesmo, destacou o poder das cidades como exemplo de municipalismo: "Non é casualidade que as cidades que máis avanzan sexan as que poñen por diante a política local e de progreso. Poderíamos ir a máis cun financiamento acorde á nosa importancia, algo necesario porque está en xogo o progreso de Galicia" concluiu.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión