Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

7 de marzo de 2021

Inés Rey abrirá a primeira charla do ciclo “Conversas na Casa-Museo” polo Centenario de Emilia Pardo Bazán

A iniciativa, organizada polo Concello da Coruña e na que colaboran a Real Academia Galega e a Casa – Museo Emilia Pardo Bazán, terá lugar até o mes de decembro na rúa Tabernas. Unha vez ao mes, referentes en distintos ámbitos falarán sobre a homenaxeada e a realidade actual das mulleres.

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, abrirá o vindeiro xoves o ciclo "As mulleres, cen anos despois de Emilia Pardo Bazán: Conversas na Casa-Museo", dentro do programa EPB100. Trátase dunha iniciativa organizada polo Concello da Coruña e na que colaboran a Real Academia Galega e a Casa - Museo Emilia Pardo Bazán, terá lugar até o mes de decembro na rúa Tabernas. Unha vez ao mes, referentes en distintos ámbitos falarán sobre a homenaxeada e a realidade actual das mulleres. A propia rexedora será a primeira delas xunto a Marilar Aleixandre (RAG), Susana Seivane (música), María Xosé Porteiro (escritora e vicevaledora do Pobo), Imelda Capote (delegada de Facenda), Rosa Martínez (ex-directora da Radio Galega), María de la Cámara (xefa das Urxencias do CHUAC) ou a artista Soledad Penalta.

 "A presenza das mulleres na política" será a primeira conversa do ciclo, a do día 11 de marzo, entre a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e María Méndez, presidenta da Asociación de Xornalistas de Galicia. O presidente da Real Academia Galega, Víctor Fernández Freixanes será o encargado de inaugurar o acto. Esta charla será pechada ao público, pero retransmitirase vía streaming pola canle de YouTube da Concellería de Cultura. Segundo as restricións sanitarias de cada faladoiro, decidirase día antes se son retransmitidas por Internet ou con público. 

O obxectivo desta iniciativa é a procura da perspectiva do acadado desde a época de Emilia Pardo Bazán, asegura a rexedora e titular da Concellería de Cultura, "que cada participante fale da súa traxectoria profesional e das dificultades que tiveron por seren mulleres. Son charlas que non só recordan a EPB senón que traen o seu legado á actualidade". Rey lémbralle á veciñanza a que "o primeiro xoves de cada mes, de marzo a decembro, todas e todos temos unha cita na Casa - Museo Emilia Pardo Bazán".

O formato destas conversas é dunha hora aproximada de duración, comezando sempre ás 18 h.

PROGRAMA DE CONVERSAS

11 de marzo: "A presenza das mulleres na política"

Inaugura: o presidente da Real Academia Galega, Víctor Fernández Freixanes

Conversa entre: Inés Rey Excma, alcaldesa da Coruña, e María Méndez, presidenta da Asociación de Xornalistas de Galicia.

 8 de Abril: "Un rastro de luz" As mulleres nas academias

Conversa entre: Marilar Aleixandre, escritora e académica, estudosa de Emilia Pardo Bazán e Cristina Lombao, xornalista da Radio Galega.

 6 de Maio: "A presenza das mulleres na música galega"

Conversa entre: Susana Seivane, artista e empresaria, e Manolo Rodríguez, xornalista en La Voz de Galicia.

 3 de xuño: "Sororidade": tecer redes entre mulleres

Conversa entre: Maria Xosè Porteiro, escritora e vice Valedora do Pobo, e Pepe Castro, xornalista.

2 de Setembro, "As mulleres en Facenda"

Conversa entre: Imelda Capote, delegada de Facenda en Galicia e Luis Llera, xornalistas en Onda Cero.

7 de Outubro, " A primeira muller directora da Radio Galega"

Conversa entre: Rosa Martínez, ex - directora da Radio Galega e Chus Castro, xornalista.

4 de Novembro, " O papel da muller na Sanidade".

Conversa entre: María de la Cámara, xefa da sección de urxencias do CHUAC e Cristina de la Vega, xornalista e escritora.

2 de Decembro, "Toda unha vida entre o lume e o aceiro".

Conversa entre: Soledad Penalta, escultora e académica de Belas Artes e Noela Bao, xornalista da Cope

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión