Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

9 de xuño de 2023

Inés Rey acompaña as persoas usuarias do Centro Laboral Lamastelle na celebración do seu 44.º aniversario

Destacou o traballo da asociación na promoción da autonomía das persoas con discapacidade intelectual na Coruña

A alcaldesa, Inés Rey, participou esta mañá no 44.º aniversario do Centro Laboral Lamastelle, da Asociación Pro Persoas con Discapacidade Intelectual de Galicia (ASPRONAGA). A rexedora, acompañada pola concelleira de Igualdade, Benestar Social e Participación, Yoya Neira, achegouse ao centro para compartir cos usuarios e usuarias a festa de verán organizada pola entidade.

A xornada contou con xogos, actividades musicais e deportivas que incluíron un partido de fútbol con veteranos do Dépor. Rey destacou o traballo da asociación na promoción da autonomía das persoas con discapacidade intelectual na Coruña e puxo en valor a colaboración entre Concello e asociación para a posta en marcha de programas como Musicoterapia no CEE Nosa Señora de Lourdes, a través da Fundación Emalcsa, ou 'Respiro familiar'. A alcaldesa e a concelleira estiveron acompañadas polo presidente de Aspronaga, Nicanor Álvarez e o xerente da asociación, Juan Fontela.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión