Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

16 de xullo de 2019

Inés Rey apoia a demanda da Confederación de Empresarios sobre a necesidade do Corredor Transeuropeo de Mercancías

A alcaldesa cre necesario o cambio na configuración ferroviaria dado que obriga a que as saídas e destinos da Coruña pasen inexorablemente por Vigo, co consecuente prexuízo para o empresariado coruñés, o porto e a cidade

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, mantivo un encontro esta tarde co presidente da CEC (Confederación de Empresarios da Coruña), Antonio Fontenla, ao que asistiron tamén os vicepresidentes da CEC, Severino Ares, María Teresa Valdés e Ángel Argiz; a secretaria xeral, Marina Graña, e os vogais Patricio Erdhart, Óscar Valcuende e Diego Vázquez Reino.

A alcaldesa cre necesaria a configuración ferroviaria dado que obriga a que as saídas e os destinos da Coruña pasen inexorablemente por Vigo, co consecuente prexuízo para o empresariado coruñés, o porto e a cidade. A confederación aposta por un trazado moito máis racional, unindo Monforte con Lugo e A Coruña.

Doutra banda, Rey estudará a proposta de variar os prazos de pago dos impostos municipais co fin de evitar tensións de tesourería nas empresas posto que no mes de xullo deben aboar as pagas extraordinarias, o pago do IVE e os tributos locais, un esforzo que pode minguar a capacidade dos emprendedores.

Ademais, a Confederación de Empresarios presentou a Invest in Cities, foro de cidades atractivas para o investimento, na que participan xa máis dunha vintena de cidades españolas. Rey estudará participar neste proxecto tan novidoso.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión