Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Cando:

21 de xaneiro de 2021

Inés Rey: “As salas de exposicións municipais centraranse na creatividade local”

A alcaldesa acudiu hoxe ao Quiosco Alfonso para visitar a mostra “Paisaxes interiores/exteriores” composta por obras de artistas locais e que remata este domingo para continuar con outra do ciclo “A nosa arte en corentena”, tamén centrada na arte coruñesa, que será a aposta do Goberno local nas salas de exposicións

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, visitou hoxe o Quiosco Alfonso para percorrer a mostra "Paisaxes interiores/exteriores", que se expón até o domingo no edificio municipal e tamén na Sala de Exposicións de Palexco -que neste caso xa fora visitada por Inés Rey no momento da súa inauguración- e que está formada por obras de artistas locais arredor da pandemia. A rexedora aproveitou a visita para desvelar as súas intencións respecto aos recintos expositivos do Concello: "A nosa aposta vai ser clara polo talento coruñés, de todas as xeracións. A magnífica acollida por parte do público desta exposición demostra que ese é o camiño, porque a nosa obriga é protexer a creatividade local e darlle saída profesional, pero tamén difundirmos unhas obras que teñen unha media de calidade inmensa".

Nese sentido, a alcaldesa anunciou que lle está enviando unha carta persoal a cada artista local que participou nesta mostra, así como fará coas seguintes, "tanto para felicitalas/os polo seu traballo como para comunicarlles o labor que se está facendo desde o Concello e abrir unha liña de diálogo para contar sempre coa súa participación".

Na misiva, Inés Rey indica que "a Cultura ten enorme relevancia no noso modelo de cidade e nesa aposta, unha das prioridades, sen dúbida, vai ser a defensa da arte local e das súas creadoras e creadoras". "No Concello consideramos que nas salas de exposicións municipais debe primar o talento local. Estamos agora nun proceso de reformulación dos espazos co que queremos definir o uso e alcance de cada un deles, para así dotalos dunha programación compacta que resulte efectiva á hora de definirmos públicos e obxectivos", engade a alcaldesa, que tamén afirma o seu desexo de que "a aposta pola arte local vaia máis alá dos espazos expositivos e teña un carácter integral, que coide da canteira e acompañe as e os novos talentos, que traballe na axuda á creación e que tamén conte con referencias ás e aos artistas consagradas/os e mais ás e aos históricos".

Por último, Inés Rey valorou moi positivamente o resultado do evento Estudios Abertos, organizado a finais do pasado ano e que terá continuidade en 2021, con novos formatos.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión