Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

3 de marzo de 2020

Inés Rey comprométese a mellorar a seguridade viaria no núcleo das Rañas

A alcaldesa visitou esta tarde a zona para abordar coa veciñanza as problemáticas que lles preocupan no refente á accesibilidade, iluminación e mobilidade

A alcaldesa, Inés Rey, visitou esta tarde núcleo das Rañas para reunirse con varios membros da asociación de veciños que lle amosaron tanto á rexedora como aos técnicos municipais que alí se achegaron as súas preocupacións pola accesibilidade, iluminación e mobilidade do barrio.

Os veciños solicitaron melloras viarias e creación de beirarrúas para o acceso ao núcleo de vivendas e un paso de peóns. Ademais, tamén lle pediron ao concello unha iluminación máis óptima para o lugar.

Canto á mobilidade, os veciños demandan que chegue un bus urbano á zona. A rexedora comunicoulles que van estudar que liña de autobús podería dar servizo e que se lles presentará esta proposta.

Hai semanas a asociación veciñal mantivo unha reunión co concelleiro de Urbanismo, Infraestruturas e Mobilidade, Juan Díaz Villoslada, na que lle pediron que os técnicos municipais visitasen a zona para estudar a viabilidade das melloras que solicitan.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión