Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

29 de decembro de 2021

O Concello confirma a celebración da Cabalgata de Reis e da carreira San Silvestre, cumprindo o protocolo sanitario actual

Inés Rey considera que as restricións anunciadas pola Xunta xeran “incerteza e maior inseguridade”

A alcaldesa esíxelle ao Goberno galego que reforce a Atención Primaria, contratando máis profesionais e instalando puntos para realizar probas PCR nas cidades

A alcaldesa, Inés Rey, ofreceu esta mañá unha rolda de prensa para valorar as restricións anunciadas onte pola Xunta de Galicia ante o aumento da incidencia da COVID-19 no conxunto da autonomía. Rey considera que estas novas medidas son "incoherentes, contraditorias e improvisadas".

"As medidas adoptadas xeran incerteza e maior inseguridade", apuntou a alcaldesa, que remarcou que o Concello da Coruña sempre cumpriu todas as limitacións aprobadas polo Comité Clínico. Pese a iso, o Goberno municipal fai pública a súa "sorpresa e decepción" polo anunciado no día de onte.

Inés Rey confirmou que A Coruña celebrará o 5 de xaneiro a Cabalgata de Reis tomando todas as medidas pertinentes para garantir a seguridade en todo momento. Tamén apuntou que a San Silvestre do 31 de decembro tamén se realizará. A alcaldesa fai un chamamento a todas e todos os coruñeses para que sigan as normas actuais. "A Coruña realizará unha Cabalgata normal co obxectivo de distribuír a xente en 3 km de percorrido o q vai evitar as aglomeracións que se poderían causar nunha cidade de gran poboación se tivese que acudir todo o mundo a un mesmo sitio para ver os Reis", apuntou Inés Rey.

Reforzo da Atención Primaria

Inés Rey esíxelle á Xunta que tome medidas para reforzar o sistema sanitario. "Non podo apoiar que se decida dar por bos os test de antíxenos sen PCR, xa que será unha medida que xerará unha grande inseguridade e incerteza. A Xunta tiña que ter preparado o sistema para poder facer probas concluíntes así como un seguimento das/os pacientes", apuntou a alcaldesa.

Rey tamén cuestiona as palabras do conselleiro en relación ao regreso dos nenos e das nenas ás escolas. Apunta que non se ofreceron alternativas para as familias. Por outra banda, a alcaldesa considera que as prohibicións para a noite de fin de ano provocarán a celebración de festas en pisos que "os concellos seremos incapaces de controlar".

"O que tiña que estar anunciando o Goberno galego serían medidas de reforzo do sistema: contratación de médicos/as, de rastreadores/as e puntos COVID para realizar as probas PCR", sinala Inés Rey. O Concello da Coruña esíxelle á Xunta que exerza as súas competencias en materia sanitaria e reforce de forma inmediata e extraordinaria o sistema sanitario, os centros de saúde, os/as profesionais sanitarios/as e se dispoña de puntos extraordinarios de probas PCR.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión