Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

20 de decembro de 2022

Inés Rey destaca a calidade das fotografías do Calendario Municipal, que “nos permite percorrer A Coruña a través das súas imaxes”

A alcaldesa presidiu o acto de entrega de premios ás persoas autoras das 13 fotografías seleccionadas polo xurado

A alcaldesa, Inés Rey, presidiu esta mañá a entrega de premios do Calendario Municipal 2023. As persoas autoras das 13 fotografías gañadoras recolleron os seus recoñecementos no Pazo de María Pita. 

A rexedora destacou o labor deste almanaque, que "permite percorrer A Coruña a través das súas imaxes". "O noso calendario é xa todo un clásico destas datas. Está presente na maioría de casas coruñesas e tamén en moitos lugares do mundo, xa que é costume envialo a amigos e familiares", sinalou Inés Rey.

O Calendario Municipal do 2023 xa está dispoñible para mercar nos puntos de venta habituais cun prezo de 1,30 euros. A continuación, a listaxe de premiados e a foto do mes que lle corresponde:

  • Portada: Ignacio Sierra Vázquez

  • Xaneiro: Daniel Candal Álvarez

  • Febreiro: Sindo Novoa Álvarez

  • Marzo: Carlos Briones Bioslada

  • Abril: Camino Ventura Martínez

  • Maio: Víctor Hermida Valeiro

  • Xuño: José Luis García Mendoza

  • Xullo: Ignacio Fernández Fernández

  • Agosto: Pablo Briones Bioslada

  • Setembro: Soraya Sampedro Bores

  • Outubro: Juan Pablo Ameneiro González

  • Novembro: David García Villaverde

  • Decembro: Eduardo Mosqueira Rey

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión