Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

4 de abril de 2024

Rey e España abordaron as posibilidades abertas de cara ás novas convocatorias de fondos, especialmente en materia de emprego, para a formación e inserción laboral de persoas vulnerables

Inés Rey destaca a sintonía entre o Concello e o Goberno estatal, que propiciou a captación de 60 millóns de euros en fondos europeos para A Coruña

A alcaldesa recibiu hoxe ao secretario de Estado de Política Territorial, Arcadi España. Ambos puxeron en valor a aposta pola descentralización territorial, coa chegada da AESIA á cidade como exemplo

A alcaldesa, Inés Rey, recibiu hoxe en María Pita ao secretario de Estado de Política Territorial, Arcadi España, nun encontro no que ambas as partes remarcaron a aposta do Goberno estatal pola descentralización administrativa, unha liña de actuación que abriu camiño a que A Coruña fose designada a finais do ano pasado como a sede da Axencia Española de Supervisión de Intelixencia Artificial (AESIA).

Ademais, Rey e España puxeron en valor a colaboración entre o Concello e Goberno estatal para a captación de fondos europeos "que contribúan ao noso plan de acometer a segunda gran modernización da Coruña", indicou a rexedora.

Inés Rey destacou precisamente que A Coruña é a cidade galega que obtivo, e xestionou, un maior número de fondos europeos nos últimos anos. Máis de 60 millóns de euros a través de diversas convocatorias, destinados a melloras en materia de urbanismo, rehabilitación, infraestruturas, dixitalización de servizos e fomento do emprego.

"El Ayuntamiento de A Coruña y su alcaldesa son un ejemplo de liderazgo en captación de fondos para la ciudad, desde la movilidad sostenible hasta la modernización de la administración", apuntou Arcadi España, que destacou a Inés Rey como "una alcaldesa con mirada y proyecto de futuro". "El diálogo y la coordinación entre el Ministerio de Política Territorial y Memoria Democrática y el Ayuntamiento beneficia a los vecinos y vecinas de A Coruña", valoró el secretario de Estado de Política Territorial.

O desagregamento destes 60 millóns inclúen os 11 obtidos na primeira convocatoria de fondos Next Generation -que impulsaron obras de humanización como as peonalizacións de Alcalde Marchesi e Ramón Cabanillas, entre outras-, así como os 9,1 millóns captados na segunda convocatoria dos Next -que irán destinados a 17 actuacións urbanísticas en barrios como Os Mallos, Agra do Orzán e O Castrillón, por exemplo-. 

Ademais dos Next, o Goberno de Inés Rey tamén captou 12,6 millóns en fondos do IDAE para acometer a renovación da iluminación pública na cidade, así como 5,9 en fondos PIREP -3 para construír o novo mercado e centro de saúde de Santa Lucía, e outros 2,9 para contribuír á renovación do mercado municipal de Monte Alto, unha obra que está xa a un 25% do seu plan de execución-. Por outra banda, o Concello tamén xestionou 18,7 millóns en fondos EIDUS destinado a proxectos para a renovación da paisaxe urbana e as infraestruturas da cidade. 

"Todos estes fondos van permitir abordar a transformación da cidade en termos de mellora da súa calidade urbana, accesibilidade, mobilidade e sostibilidade. E, ao mesmo tempo, traballar pola inserción laboral de persoas vulnerables", incidiu Inés Rey.

Este último aspecto abordouse na reunión desta mañá, na que a alcaldesa e o secretario de Estado de Política Territorial puxeron en conxunto as posibilidades abertas para a captación de novos fondos. 

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión