Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

8 de febreiro de 2023

O equipo de Goberno de Rey escoitou no Ágora as propostas que elaborou o alumnado de cinco centros

Inés Rey destaca a vocación dos e das participantes de ‘Sementando Participación’ por mellorar á cidade

Máis dun milleiro de nenos e nenas participaron nas cinco edicións do programa

A alcaldesa, Inés Rey, presidiu o acto final da quinta edición do programa "Sementando Participación", que se levou a cabo hoxe no centro sociocultural Ágora. A rexedora estivo acompañada polos concelleiros e concelleiras do seu equipo de Goberno.

"Este programa de participación infantil naceu coa intención de darvos un espazo propio a vós, nenos e nenas da Coruña, para que expresedes as vosas ideas, opinións e propostas para esta cidade", sinalou a alcaldesa. O programa 'Sementando participación' cumple cinco anos e, con esta edición, na que participaron preto de 300 nenos e nenas, supérase o milleiro de participantes. O seu obxectivo é xerar un proceso de participación infantil para que as e os menores e adolescentes coñezan e practiquen técnicas, ferramentas e habilidades para a participación cívica. Procúrase que a infancia da cidade teña un espazo propio para expresar as súas ideas e opinións, e que estas sexan tidas en conta nos procesos de toma de decisións do Concello.

O programa está dirixido ao alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria. Nos seus centros, durante o primeiro trimestre do curso, levan a cabo varias sesións de traballo. Nesta edición os centros que participaron foron o Eusebio da Guarda, San Pedro de Visma, Fogar de Santa Margarida, Escravas e Calasancias. As nenas e nenos elaboraron propostas de execución de proxectos, obras e outras iniciativas que articularon sobre a base do debate e a reflexión conxunta. "Hoxe vós sodes os protagonistas e nós estamos aquí para escoitar o que tedes que propoñernos. Durante os últimos meses, nas vosas aulas, ideastes A Coruña do futuro, pensando sempre no mellor para os vosos coles, os vosos barrios e a vosa cidade", apuntou a rexedora.

Na sesión final de hoxe, un representante de cada centro deu a coñecer a súa proposta de mellora ao equipo de Goberno de Inés Rey. As iniciativas presentadas buscan o coidado do medio ambiente, a mellora da educación e o apoio aos colectivos máis vulnerables, entre outros fins.

Inés Rey lembrou durante o acto que no mes de marzo constituirase o Consello Municipal da Infancia, con representantes de diferentes centros que crearán un novo regulamento co obxectivo de ter voz propia na administración coruñesa. Onte tivo lugar a primeira xornada informativa, tamén no Ágora.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión