Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

11 de xullo de 2023

As instalacións estarán abertas ao público desde mañá mércores 12

Inés Rey destaca o novo skatepark e pista multideporte de José Toubes como unha nova aposta do seu Goberno pola mocidade

A obra incluíu a creación dunha praza peonil e a mellora da accesibilidade na contorna

O Concello da Coruña, a través da súa Concellaría de Infraestruturas, rematou a construción dun skatepark e unha pista multideporte na praza de José Toubes Pego, no barrio de Catro Camiños. Esta nova infraestrutura situarase baixo o viaduto da avenida de Alfonso Molina. Esta obra inclúe, ademais, a urbanización do conxunto da praza e a creación dun novo paso de peóns. A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, visitou esta mañá as novas instalacións que estarán abertas ao público desde mañá, acompañada polo concelleiro da área de Economía e Planificación Urbana, José Manuel Lage, o concelleiro de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda, Francisco Díaz Gallego e a concelleira de Innovación, Mobilidade e Infraestruturas, Nereida Canosa.

O skatepark e a pista quedan integradas na contorna mediante a adecuación do firme de todo o conxunto. "Continuamos impulsando espazos para os nosos mozos e mozas na cidade e, ademais, dotamos aos barrios de máis instalacións deportivas para favorecer hábitos de vida saudables", sinalou Inés Rey.

A zona de actuación abrangueu unha superficie de 1.504 metros cadrados. O skatepark ocupa uns 400 metros cadrados, mentres que a pista deportiva, que tamén ten bancadas, ocupa 361 metros cadrados. Completa o espazo a praza peonil, de 176 metros cadrados. O espazo restante corresponde a beirarrúas, zona axardinada e un novo paso peonil.

O skatepark está pensado para que todas as persoas, con e sen experiencia, poidan practicar este deporte. Esta zona dispón de elementos que permiten mellorar progresivamente a técnica aos menos expertos. Pola súa banda, a pista multideporte está adaptada á práctica do baloncesto, con seis canastras que permiten dividir a cancha en varios terreos de xogo.

Un dos obxectivos desta actuación foi a mellora da accesibilidade na zona. Reformáronse as beirarrúas e habilitouse un novo paso peonil na rúa Fernando Rey con rede semafórica. Creouse tamén unha praza peonil que actuará como zona de tránsito e encontro, con espazos verdes e bancos.

O proxecto completa a reurbanización da praza José Toubes, na que se atopa o renovado espazo do Remanso. Na contorna tamén se levou a cabo a reurbanización completa de Fernández-Latorre, con carril bici e novas árbores.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión